Baco (Bacco en italiano) é unha escultura en mármore realizada entre 1496 e 1497 por Michelangelo, a obra dunha altura de 203 centímetros atópase no Museo Nacional do Bargello en Florencia.

A obra foi realizada por Michelangelo na súa primeira viaxe o ano 1496 a Roma, o encontro nesta cidade coa escultura antiga debeu de inspirarlle para a execución do Bacus que mostra unha clara tendencia, a unha interpretación das obras, que naquel momento, estábanse descubrindo por medio das escavacións en Roma.

Neste sentido descríbea Ascanio Condivi:

Esta obra é claramente a primeira grande obra mestra de Michelangelo, onde se mostra a característica constante da sexualidade na súa escultura, simboliza o espírito do hedonismo clásico que Savonarola e os seus seguidores estaban dispostos a suprimir de Florencia.

Mostra tamén esta escultura a característica constante na obra do artista, de evocar a sexualidade, de forma andróxina, como a mesma natureza do deus na antigüidade que era ambigua e misteriosa, mostra o sátiro como referencia a Sileno, sátiro que fora mestre de Bacus e a pel desollada e chea de uvas simboliza a vida sobre a morte.

A escultura foi un encargo do cardeal Riario, rexeitada por este, foi comprada e conservouse nos xardíns do banqueiro Jacopo Galli, onde foi debuxada por Martín Heemskerck cara a 1532 onde se aprecia a falta da súa man dereita. Máis tarde foi adquirida por Francisco I de Medici en 1572 ata o seu paso ao Bargello en 1873. Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Esculturas de Michelangelo