O Club de Fútbol Noia é un club de fútbol galego da vila de Noia. Foi fundado en 1987 e compite na Terceira Federación. O seu campo é o Estadio Municipal Julio Mato.
Historia O 27 de xuño de 2015 logrou o ascenso a Terceira División tras a promoción do Pontevedra CF a Segunda División B. O Noia viña de vencer a eliminatoria entre os terceiros clasificados da Preferente Autonómica, quedando unha praza libre na categoría co ascenso do club pontevedrés.
Ese mesmo ano, con Yago Iglesias como adestrador, non foi quen de manter a categoría e regresou a Preferente tras obter un 19º posto. Coa marcha do técnico ribeirense á Sociedade Deportiva Compostela, o conxunto noiés decidiu contar con Luís Bonilla á fronte do equipo. Tras unha tampada impecable os noieses conseguían o 30 de abril de 2017 o título de campións da Preferente Norte, ademais do ascenso directo a Terceira División a falta de catro xornadas da fin da competición.
Logo de obter o primeiro posto, o Noia enfrontouse ao Club Deportivo Cultural Areas na final de campións polo título absoluto da Preferente. O partido, que tivo lugar no campo de O Vao, rematou con vitoria por 2-0 para os de Ponteareas.
Para afrontar a volta a Terceira División, os noieses contaron con Jaime Sánchez como adestrador. Non obstante, o regreso á categoría non foi o agardado: o club acababa a primeira volta como colista. Antes de finais de ano, Jaime abandonaba o banco noiés por motivos persoais, deixando a José Manuel Pose a cargo do club. Agora mesmo , o conxunto branco atópase en plena loita por conseguir a permanencia na categoría.
Datos do club Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 0 Tempadas en 3ª: 2
Historial na liga TempadaCategoríaPosto1987/882ª Rexional 10px1988/892ª Primeira 10px1989/90Rex. Pref.6º1990/91Rex. Pref.10º1991/921ª Rexional9º1992/931ª Rexional 10px1993/94Rex. Pref.13º1994/95Rex. Pref.4º1995/96Rex. Pref.7º1996/97Rex. Pref.10º1997/98Rex. Pref.15º1998/99Rex. Pref.13º1999/00Rex. Pref.13ºTempadaCategoríaPosto2000/01Rex. Pref.13º2001/02Rex. Pref.4º2002/03Rex. Pref. 10px2003/041ª Autonómica6º2004/051ª Autonómica8º2005/061ª Autonómica 10px2006/07Preferente16º2007/08Preferente11º2008/09Preferente14º2009/10Preferente17º2010/11Preferente 10px2011/121ª Autonómica4º2012/131ª Autonómica3ºTempadaCategoríaPosto2013/141ª Autonómica 10px2014/15Preferente 10px2015/163ª 10px2016/17Preferente 10px2017/183ª 10px2018/19Preferente5º2019/20Preferente4º2020/21Preferente 10px2021/223ª RFEF 10px2022/23Preferente6º2023/24Preferente 10px2024/253ª RFEF5º
Palmarés Preferente Galicia (3): 2016/17, 2020/21, 2023/24.
Categoría:Noia CF