A tempada 2014-2015 da Aviva Premiership foi a vixésimo oitava edición da liga inglesa de rugby, creada pola RFU en 1987. A liga toma o nome de Aviva do seu principal patrocinador, unha importante empresa aseguradora. Os defensores do título foron os Nothampton Saints, que defendían o seu primeiro título. Os Northampton Saints foron os mellores da tempada regular, pero os campións foron os Saracens que remataran na cuarta posición durante a primeira fase.

A tempada comezou 5 de setembro de 2014 e acabou o 30 de maio de 2015 coa final dos play-offs.

Equipos EquipoAdestradorCapitánEstadioCapacidadeCidade Bath Rugby Mike Ford Stuart Hooper Recreation Ground 12.300 Bath, Somerset Exeter Chiefs Rob Baxter Dean Mumm Sandy Park 12.500 Exeter, Devon Gloucester Rugby 20px|Irlanda David Humphreys Billy Twelvetrees Kingsholm Stadium 16.500 Gloucester, Gloucestershire Harlequin FC 20px|Irlanda Connor O'Shea Joe Marler Twickenham Stoop 14.816 Middlesex/Londres Leicester Tigers Richard Cockerill Ed Slater Welford Road Stadium 24.000 Leicester, Leicestershire London Irish Brian Smith George Skivington Madejski Stadium 24.250 Reading, Berkshire London Wasps Dai Young James Haskell Ricoh Arena 32.609 Coventry, Midlands do Oeste London Welsh Justin Burnell Tom May Kassam Stadium 12.500 Oxford, Oxfordshire Newcastle Falcons Dean Richards Will Welch Kingston Park 10.200 Newcastle, Tyne e Wear Northampton Saints Jim Mallinder Dylan Hartley Franklin's Gardens 13.600 Northampton, Northamptonshire Sale Sharks Bryan Redpath Daniel Braid AJ Bell Stadium 12.000 Salford, Gran Manchester Saracens F.C. 20px|Irlanda Mark McCall Alistair Hargreaves Allianz Park 10.000 Middlesex/Londres

Formato da competición O torneo está composto por 12 equipos, e ten un formato segundo o cal os equipos teñen que disputar dúas voltas completas, de xeito que cada equipo se enfronte ós outros 11 conxuntos dúas veces, unha como local e outra como visitante.

O sistema de puntuación é o seguinte: 4 puntos pola vitoria. 2 puntos polo empate. 0 punto pola derrota. 1 punto por anotar 4 ou máis ensaios. 1 punto por perder por 7 ou menos puntos.

Clasificación

Semifinais e final

Véxase tamén Outros artigos Aviva Premiership

Ligazóns externas Páxina oficial da Premiership

Categoría:Rugby en 2015 Categoría:Liga inglesa de rugby