Google Chrome é un navegador web de balde desenvolvido por Google. Utilizou o motor de renderización WebKit ata a versión 27 e, agás as versións para iOS, desde a versión 28 utiliza a bifurcación Blink. A primeira versión, unha beta para Microsoft Windows apareceu o 2 de setembro de 2008, e a primeira versión pública estable o 11 de decembro de 2008.

En agosto de 2015 StatCounter estimaba que Google Chrome tiña unha cota de mercado do 56% entre os navegadores de ordenadores de escritorio, e combinando todas as plataformas contaba co 45%.

Historia

Canles de distribución Actualmente, Google Chrome ten varias canles de distribución para descargar e probar todas as súas compilacións. As canles comúns denominadas «Stable», «Beta» e «Dev» están accesibles desde o sitio web do proxecto Chromium, sendo os dous últimos repositorios para versións de desenvolvemento. O 22 de xullo de 2010, Google anunciou un novo sistema de lanzamentos máis frecuente para ofrecer aos usuarios características novas canto antes, coa meta de entregar versións estables cada 6 semanas. Debido a isto, incorporouse un novo canal de distribución (chamado «Canary») capaz de proporcionar unha versión diaria para probas en conxunto con outras canles de desenvolvemento do navegador; o nome do canal refírese á práctica de levar un canario ás minas de carbón para permitir aos traballadores a detección precoz de gases perigosos.

Chrome para Android e iOS

En febreiro de 2012, Google lanza 'Chrome para Android Beta'. Cuxa versión está dispoñible só para Android 4.0 'Ice Cream Sandwich' en teléfonos intelixentes e tabletas. Coa posibilidade de abrir múltiples lapelas, sincronización de marcadores e lapelas coa versión de escritorio, modo incógnito, e ver sitios de uso recentes. A finais de xuño Chrome para Android convértese nunha versión estable.

En xuño de 2012, durante o Google I/O 2012, anunciouse que Chrome será usado como navegador por predeterminado en Android 4.1 'Jelly Bean' xunto co lanzamento da tableta Nexus 7. Tamén se anuncia Chrome para iOS, o cal está dispoñible en iPhone, iPod touch e iPad.

En xaneiro de 2013, as versións Beta de Chrome tamén están dispoñibles en Android para teléfonos e tabletas. As cales son das versións máis descargadas.

Motor de renderizado Blink

En abril de 2013, Google anunciou o seu novo motor de renderizado baseado en WebKit para Chrome e Chromium, chamado Blink, que se empregará desde a versión 28. As razóns soamente técnicas para o cambio desde WebKit, son optimizar o código base e orientar o seu desenvolvemento especificamente para contribuír á Web e optimizar Chrome. Opera, outro navegador web, tamén anuncia o uso de Blink en futuras versións.

Historial de versións

Versión Motor WebKit JavaScript V8 Data de publicación Cambios significativos 0.2 525.13 0.3 02/09/2008 Desprender as lapelas do navegador, modo incógnito, lapelas multiproceso, acceso rápido a sitios frecuentes, crear accesos directos ás aplicacións web con Google Gears. «Google Suggestions» dentro de Omnibox. Administrador de marcadores. 1 525.19 0.3 11/12/2008 Exportar e importar marcadores, actualización do motor V8 para máis velocidade no lenguaxe JavaScript. 2 530.5 1.1 21/05/2009 Dispoñible en 50 idiomas, máis de 300 bugs correxidos, opción de borrar sitios frecuentes no acceso rápido a sitios. Auto completado de formularios, zoom a páxina completa. 3 532.0 1.2 15/09/2009 Añadido soporte para as etiquetas de HTML5 <canvas>, <son> e <video>, nova páxina de acceso rápido a sitios frecuentes, soporte para temas visuais, pasa a proba Acid3 (100/100). Suxestións de axuda e capacidade de mover as miniaturas dos sitios na nova páxina de marcado rápido, 29 temas visuais para o navegador, caixa Omnibox mellorada, 25 % máis rápido en JavaScript. 4 532.5 1.3 25/01/2010 Chrome Beta para Linux (Debian/Ubuntu/Fedora/openSUSE para 32 e 64 bits). Chrome Beta para Mac OS X (10.5 "Leopard" o superior, unicamente Intel).

Só Windows: Rendemento un 30 % máis rápido que a versión 3.0. Soporte para máis de 1500 extensiones, sincronización de marcadores en liña. Melloras en HTML5 para notificacións personalizadas, bases de datos en web, almacenamento local, e soporte para Ruby. Aumento no rendimiento de JavaScript V8, e Skia. Un 42 % máis rápida no rendimento que a versión 3.0. 4.1 532.5 1.3 17/03/2010 O tradutor de Google úsase para traducir sitios web (Google Translate) e engádense opcións para o control de contido de privacidade e listas de excepcións en cookies, imaxes, JavaScript, complementos e ventás emerxentes. Ademais, o identificador único tamén se eliminou do actualizador, mantendo a capacidade de coñecer o número de usuarios que usan Chrome sen ser demasiado invasivos. 5 533.4 2.1 25/05/2010 Versión estable para Windows, Linux, e Mac. Novas características de HTML5: Xeolocalización, App Caché, web sockets, arrastrar e soltar ficheiros. Cambios no historial coa opción de borrar sitios por separado. Administrador de extensións coa opción de habilitar extensións no modo incógnito e soporte para scripts Greasemonkey (máis de 40.000 scripts en Userscript), ademais das 4.500 extensiones que agora posee Google Chrome na súa galería. Administrador de marcadores en lapela. 6 534.3 2.2 02/09/2010 Conta con relleno automático de formularios, sincronización de extensións e sincronización de información de formularios, e selección dos elementos que o usuario desee sincronizar en liña. Un novo menú unificado, cambio de cores, e rediseñada a barra de herramentas. O plug-in de Flash Player 10.1 está habilitado de xeito predeterminado. O motor JavaScript V8 é un 15 % máis rápido que o da versión 5.0. Soporte para o novo formato de vídeo e son aberto para HTML5 chamado WebM. Inclúe un lector de ficheiros PDF que está desactivado de xeito predeterminado, pero coa posibilidade de activalo na ruta about:plugins. A barra Omnibox eliminou todos os , deixando só para conexións seguras. 7 534.7 2.3 19/10/2010 Nesta versión arranxáronse centos de bugs. Inclúense máis protocolos para HTML5 como File API, analizador de algoritmos, e directorio de subida de contidos. Acelerador e soporte para 3D CSS. Agregado o proceso de GPU no Administrador de tarefas. Novo acceso about:labs para probar características experimentais do navegador. Resolto o acceso a direccións FTP en Linux. O lenguaxe AppleScript agora