LanguageTool é revisor ortográfico e gramático libre e de código aberto multiplataforma que pode ser utilizado como unha extensión en LibreOffice/OpenOffice, Vim, Emacs, Firefox e Thunderbird, ou como aplicación de ordenador independente. Tamén pode integrarse en sitios web.

Comezado por Daniel Naber para a súa tese de diplomatura en 2003 (naquel entón escrito en Python), agora ten ao redor de 10 colaboradores habituais e soporta máis de 20 linguas.http://danielnaber.de/languagetool/download/style_and_grammar_checker.pdf

Baseado en patróns de detección erro, créanse as regras e despois revísanse no texto dado.

WikiCheck LanguageTool ten unha páxina web comunitaria para comprobar contido da Wikipedia. Pode ser un artigo só, o contido dun cambio recente ou unha parte pequena de Wikipedia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos OpenTaal Lightproof

Ligazóns externas Sitio web oficial Languagetool-org En GitHub FOSDEM 2014 presentación: "Como atopamos un millón de erros de estilo e de gramática na Wikipedia inglesa"

Categoría:Aplicacións informáticas