miniatura|Misericordia e Verdade mostradas xuntas nunha representación do século XIII dos Salmos 85 (10).
A misericordia é un sentimento e unha actitude bondadosa de compaixón cara a outra persoa, xeralmente do ofendido cara ao ofensor ou dende o máis afortunado cara ao máis necesitado, que leva a perdoar o que cometeu algunha falta ou ofensa, ou ao que foi vencido, ou a non abusar do máis débil.
Misericordia no cristianismo No cristianismo, é un dos principais atributos divinos. Cando os fariseos mostraron unha actitude inmisericorde cara a outros, Xesús reprendeunos, dicindo: ‘Quero misericordia, e non sacrificio’.Catholic encyclopedia: Corporal and Spiritual Works of Mercy.
Etimoloxía A súa etimoloxía, do latín misere ('miseria', 'infelicidade', 'necesidade'), cor, cordis ('corazón') e ia ('cara aos demais'); significa ter un corazón solidario con aqueles que teñen necesidade.
Outros termos A palabra "conmiseración" comparte a raíz latina misere, e é un sentimento de compaixón polo sufrimento e as desgrazas alleas.
A palabra hebrea ra·jamím deriva do verbo ra·ham e defínese como “sentir ou irradiar afecto; ser compasivo".A Hebrew and Chaldee Lexicon, edición de B. Davies, 1957, páx. 590. A palabra grega é·le·os (verbo, e·le·é·ō) está relacionado coa palabra para “matriz”, relativo ás entrañas ou ser entrañable e ambas foron traducidas como misericordia.
Categoría:Emocións Categoría:Relacións interpersoais Categoría:Virtudes