Joana Beatriz Nunes Vicente Amaral Dias, nada en Luanda, o 13 de maio de 1973, é unha psicóloga e política portuguesa.
Traxectoria Filla do médico psicanalista e psiquiatra Carlos Amaral Días e da súa primeira dona Teresa Maria de Castro Nunes Vicente, é licenciada en psicoloxía pola Universidade de Coímbra, onde realizou o mestrado en psicoloxía clínica do desenvolvemento. É asistente no Instituto Superior de Psicoloxía Aplicada, en Lisboa.
Participa semanalmente no programa Directo ao Asunto e regularmente no programa de debates Viceversa, ambos os da canle de información RTPN, alén de asinar unha columna no Correo da Mañá e dominicalmente na revista Vidas, pertencente ao mesmo xornal, escribe sobre cinema. É unha das comentaristas permanentes do programa "Banho de Bóla" da Abola TV.
Militante do Bloco de Esquerda foi Deputada na Asemblea da República por esa formación entre 2002 e 2005. En 2006, apoiou a Mário Soares nas eleccións presidenciais portuguesas de 2006 como mandataria nacional da súa candidatura malia seguir formando parte do BEFrancisco Almeida Leite "BE junta-se a nós na segunda volta". Diário de Notícias, 9 de decembro de 2005. , o que levou a fortes críticas de diversos dirixentes da súa formación. En maio de 2014 Joana Amaral Días deixou o Bloco de Esquerda, e dous días despois participou como oradora nunha convención do Partido Socialista, convidada polo dirixente António Costa. A fins de ano entrou no movemento "Junto Podemos" que abandonou en marzo de 2015 para constituír o grupo político Agir, co que se presenta en coalición co Partido Trabalhista Português e o Movimento Alternativa Socialista ás eleccións lexislativas de outubro de 2015. Nas eleccións municipais de 2017 presentouse á Cámara Municipal de Lisboa por Nós, Cidadãos! e en 2024 encabezou a lista do ADN, partido considerado de extrema dereita, porén o partido rexeita esa designación, ás eleccións europeas de 2024.
Notas
Ligazóns externas Perfil no Parlamento
Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Luanda Categoría:Psicólogos de Portugal Categoría:Deputados de Portugal Categoría:Personalidades da televisión Categoría:Políticos do Bloco de Esquerda