Os antigos escritores latinos empregaban o termo vate significando 'profeta' e 'vidente' en xeral; a palabra caeu en desuso no latín até que foi revivida por Virxilio. Posteriormente, Ovidio describiu a si mesmo coma o vates de Eros (Amores 3.9).
De acordo con Estrabón, Diodoro Sículo e Posidonio, os vates (ουατεις) eran unha das tres clases do sacerdocio celta, sendo as outras dúas os druídas e os bardos. Os vates tiñan o papel de videntes e realizaban sacrificios (inclusive –e supostamente– sacrificios humanos), baixo a dirección dun druída. O seu papel, polo tanto, corresponde ao dun Adhvaryu na relixión védica.
O termo vates orixinou o termo irlandés fáith 'profeta', 'vidente'.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Perkins, Caroline A., "Ovid's Erotic Vates " en Helios, marzo de 2000. Rübekeil, Ludwig, Wodan und andere forschungsgeschichtliche Leichen: exhumiert, Beiträge zur Namenforschung (2003), 25–42. Peter Berresford Ellis, "The Druids", William B. Eerdmans Publishing (1995)
Ligazóns externas Descricións clásicas dos vates Ovates
Categoría:Celtas