O mosteiro Po Lin (en ) é un mosteiro budista que se atopa en Ngong Ping, na illa Lantau de Hong Kong. Foi fundado en 1906 por tres monxes orixinarios da provincia de Jiangsu e daquela era coñecido como Tai Mao Pung (大茅蓬), adquirindo o seu nome actual en 1924.

O templo principal acolle tres estatuas de bronce de Buda que representan a súa vida pasada, presente e futura. Tamén acolle varios escritos budistas. O gran Buda Tian Tan, unha xigantesca estatua de Buda que domina a montaña, é unha extensión do mosteiro e foi rematada en 1993.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas plm.org.hk

Categoría:Hong Kong Categoría:Mosteiros budistas