miniatura|dereita|Instituto Eusebio da Guarda, na praza de Pontevedra. A praza de Pontevedra é un espazo público da cidade da Coruña e sitúase entre a rúa de San Andrés e a Avenida de Pedro Barrié de la Maza, moi preto das praias urbanas do Orzán e Riazor.

Historia A principios do século XX a praza era o lugar de contratación de labregos para marcharen á sega a outras rexións.

A praza recibiu diferentes nomes ata que en 1910 o concello os unificou no actual, suprimindo os de Praza do Instituto, Campo de Carballo e Porta da Torre de Arriba.Llamadla solo Plaza de Pontevedra

Pablo Picasso pasou parte da súa infancia nela, xa que é alí onde estaba o seu instituto e a escola de Belas Artes, onde estudou cando residía na Coruña coa súa familia.

Arquitectura Amais do instituto e das escolas da Guarda, obra do arquitecto Faustino Domínguez Coumes-Gay, é salientábel tamén a Casa Salorio, edificio de estilo ecléctico con trazos modernistas, obra de Antonio López Hernández.

A casa Escariz (1925-1930), de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón, ten decoracións inspiradas no mundo clásico.Casa Escariz

O monumento a Eusebio da Guarda, de Elías Martín Riesco, inaugurouse en 1891.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Prazas da Coruña