Les Luthiers é un grupo cómico-musical arxentino moi popular tamén noutros países de lingua castelá. O grupo foi fundado en 1967 por Gerardo Masana, nunha época de grande intensidade da música coral nas universidades arxentinas. A súa principal característica son os instrumentos deseñados para o grupo, de onde lle vén o nome luthiers, que empregan nos seus concertos para producir música e textos de humor refinado. Dende 1977 e ata a súa morte en 2007 traballaron con Roberto Fontanarrosa, coñecido escritor arxentino.

En 2011 recibiron o premio Grammy Latino especial á Excelencia Musical e en 2017 foilles concedido o Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades.

Estilo musical Les Luthiers comezaron escribindo pezas humorísticas en estilo barroco, imitando xéneros vocais como as cantatas, os madrigais e as serenatas. Máis adiante diversificaron os xéneros, ampliándoos dende os lieder e a ópera ao pop, a música mariachi e mesmo o rap. As súas actuacións adoitan estar mesturadas con fragmentos de humor, frecuentemente relacionadas con situacións absurdas da vida do músico ficticio Johann Sebastian Mastropiero.

Les Luthiers recoñeceron a influencia de Gerard Hoffnung e Peter Schikele na súa obra. O "Profesor" Schikele inventou en 1965 a personaxe ficticia de P.D.Q. Bach, fillo de Johann Sebastian Bach e tamén inventou moitos instrumentos inusuales baseados noutros reais. Hoffnung publicou debuxos con instrumentos imaxinarios para orquestra. Malcolm Arnold probablemente fose a primeira persoa en escribir unha parodia usando estes instrumentos estraños cando compuxo A Grand, Grand Overture, peza para orquestra e aspiradoras dedicada ao presidente Herbert Hoover.

Instrumentos informais Les Luthiers son coñecidos por empregar instrumentos inventados creados a partir de materiais cotiáns. O primeiro instrumento, o bass-pipe a vara (especie de trombón), foi creado por Gerardo Masana unindo tubos de cartón atopados na lixo con outros obxectos. Corenta anos despois, o instrumento aínda se emprega nas actuacións.

O inventor e construtor de instrumentos Carlos Iraldi (1920–1995), "luthier Les Luthiers", foi o responsable de inventar algúns dos instrumentos máis sofisticados. Trala súa morte tomou o seu lugar Hugo Domínguez.

Membros actuais Carlos López Puccio Jorge Maronna Carlos Núñez Cortés

Antigos membros Gerardo Masana, fundador (finado en 1973) Ernesto Acher (abandonou o grupo en 1986) Daniel Rabinovich (finado en 2015) Marcos Mundstock (finado en 2020)

Espectáculos Les Luthiers cuentan la ópera (1967) Todos somos mala gente (1968) Blancanieves y los siete pecados capitales (1969) Querida Condesa (1969) Les Luthiers Opus Pí (1971) Recital '72 (1972) Recital sinfónico '72 (1972) Recital '73 (1973) Recital '74 (1974) Recital '75 (1975) Viejos fracasos (1976) Mastropiero que nunca (1977) Les Luthiers hacen muchas gracias de nada (1979) Los clásicos de Les Luthiers (1980) Luthierías (1981) Por humor al arte (1983) Humor dulce hogar (1985) Recital sinfónico '86 (1986) Viegésimo aniversario (1987) El reír de los Cantares (1989) Les Luthiers, Grandes Hitos (1992) Unen canto con humor (1994) Bromato de armonio (1996) Todo por que rías (1999) Do, Re, Mi, Já (2000) El Grosso Concerto (2001) Las Obras De Ayer (2002) Con Les Luthiers y sinfónica (2004) Recital Folklórico Cosquín (2005) Los Premios Mastropiero (2005) Recital por los Cuarenta Años (2007) Lutherapia (2008) Chist (2011) Viejos Hazmerreíres (2014)

Discografía Sonamos Pese A Todo (1971) Cantata Laxatón (1972) Les Luthiers (volumen 3) (1973) Les Luthiers (volumen 4) (1976) Mastropiero que nunca (1979) Muchas gracias de nada (1980) Les Luthiers (volumen 7) (1983) Cardoso en Gulevandia (1991) Les Luthiers En Vivos (2007) Les Luthiers Mas Vivos (2013)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial La página de Les Luthiers de Patrick Les Luthiers Chile Les Luthiers, Pese a todo Les Luthiers y los Jóvenes de Hoy en Día Los Luthiers de la Web

Categoría:Humoristas da Arxentina Categoría:Músicos da Arxentina Categoría:Premios Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades