The Best Day é o cuarto álbum de estudio do músico estadounidense de rock alternativo Thurston Moore, publicado o 20 de outubro de 2014 a través do selo Matador Records. A portada do disco é unha fotografía da nai de Moore tomada ao redor do ano 1940.
Edición A lanzamento de The Best Day anunciouse en marzo de 2014 a través do blog de noticias oficial de Sonic Youth. Un mes antes deste anuncio Moore publicou o tema "Detonation" como un sinxelo de 7 polgadas, acompañado de "Germs Burn" como cara b a través do selo independente inglés Blank Editions como parte das súas Solo Series.
O 20 de agosto realizouse un anuncio formal do lanzamento do disco por parte de Matador Records, incluíndo a súa portada, a listaxe de temas e as datas de edición. O álbum sería publicado o 20 de outubro en Dinamarca, Francia, Suecia e o Reino Unido; o 21 en España e os Estados Unidos; e o 24 en Alemaña, Irlanda, Países Baixos e Suíza. Unha semana antes do lanzamento internacional oubo dispoñibles streamings oficiais do disco a través das páxinas de NPR Music e The Guardian. The Best Day foi lanzado como LP dobre, CD sinxelo e descarga dixital, levando as 100 primeiras copias do vinilo estadounidense un póster autografado.
Listaxe de cancións
Persoal The Thurston Moore Band Thurston Moore - voces, guitarra James Sedwards - guitarra Debbie Googe - baixo Steve Shelley - batería
Notas
Categoría:Álbums de Thurston Moore Categoría:Álbums musicais de 2014 Categoría:Álbums de Matador Records