John Bain, nado o 8 de xullo de 1984 en Spennymoor, Inglaterra, e finado o 24 de maio de 2018, máis coñecido polos seus alcumes de TotalBiscuit, The Cynical Brit, e TotalHalibut, foi un comentarista e crítico de videoxogos, realizando o seu traballo principalmente nas plataformas de YouTube e Twitch.tv. Segundo Eurogamer, os seus vídeos sobre novos videoxogos indie e as súas análises regulares sobre novas relacionadas co mundo dos videoxogos levárono a conseguir unha considerable cantidade de seguidores. O 13 de marzo de 2013 acadou o millón de subscritores na súa canle de YouTube, ocasión pola que publicou un vídeo de media hora de duración comentando diversos aspectos da súa vida.

A principal fonte da súa popularidade foi a súa canle principal de YouTube, sendo a súa serie máis popular a titulada "WTF is...?", na que amosaba as súas primeiras impresións sobre videoxogos de nova publicación. Segundo Will Porter de Eurogamer suxeriu que a súa popularidade debíase ao "ton de autoridade" da súa voz, mentres que o mesmo TotalBiscuit declarou que a chave do seu éxito eran a súa honestidade e personalidade. En xaneiro de 2015 Totalbiscuit converteuse no primeiro curador da plataforma Steam, cuns 400 000 seguidores.

Foi nomeado nos premios Golden Joystick de 2012 na categoría de Greatest YouTube Gamer, e o 5 de decembro de 2014 recibiu o premio do público nos The Game Awards na categoría "Trending Gamer".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas senmarco|23x23px TotalBiscuit no YouTube .

Categoría:Personalidades de YouTube Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados no Condado de Durham Categoría:Finados en 2018 Categoría:Finados por cancro colorrectal