Ahmet Davutoğlu, nado en Konya o 26 de febreiro de 1959, é un académico, político e diplomático turco que é primeiro ministro de Turquía desde o 28 de agosto de 2014 e líder do Partido da Xustiza e o Desenvolvemento (AKP) desde o 27 de agosto de 2014. Anteriormente fora ministro de relacións internacionais entre 2009 e 2014.

Traxectoria Graduouse no İstanbul Erkek Lisesi, recoñecido por Alemaña como Deutsche Auslandsschule (escola Internacional alemá) e estudou logo na Facultade de Economía e Ciencia Política da Universidade Boğaziçi en Istanbul. Realizou un grao de mestrado en administración pública e un doutoramento en ciencia política e relacións internacionais. Entre 1993 e 1999, Davutoğlu traballou na Universidade de Marmara, converténdose en profesor titular en 1999. Foi presidente do Departamento de Relacións Internacionais na Universidade de Beykent en Istanbul. Entre 1995 e 1999, escribiu columnas semanais para xornal Yeni Şafak.

Por decisión conxunta do presidente Ahmet Necdet Sezer e do primeiro ministro Abdullah Gül recibiu o título de embaixador en 2003.

Escribiu en inglés Alternative Paradigms: The Impact of Islamic and Western Weltanschauungs on Political Theory, The Civilizational Transformation and The Muslim World e en turco Stratejik Derinlik e Küresel Bunalım.

Asesor do primeiro ministro Davutoğlu foi asesor xefe de política internacional de Recep Tayyip Erdoğun ao se converter este en primeiro ministro, desenvolvendo a nova política internacional do seu partido, para lograr un papel máis destacado do seu país no Oriente Medio. A súa posición como asesor coincidiu coa invasión norteamericana de Iraq de 2003. Mostrouse contrario en 2007 á entrada de tropas norteamericanas no norte de Iraq polo reforzamento que podería supor para os movementos separatistas kurdos presentes na zona."Davutoğlu, Kuzey Irak'a dokundurtmuyor", Haber 7

Posicións en política internacional

Nos seus artigos para Yeni Şafak e no libro Stratejik Derinlik desenvolveu o que se coñece como doutrina Davutoğlu na que aposta por reconstruír e manter relacións estreitas cos antigos territorios do Imperio Otomán por medio dunha política coñecida como neootomanismo.. Outro punto forte da súa visión exterior é o panislamismo, no cal ve o islam como un factor unificador do Oriente Medio. En contraste con estas dúas visións, Davutoğlu tamén defendeu un política prooccidental, de apoio á OTAN e de defensa da integración de Turquía na Unión Europea.

Notas

Categoría:Nados en 1959 Categoría:Primeiros ministros de Turquía Categoría:Nados na provincia de Konya