Glenn Soukesian, coñecido como Colton Ford, nado en Pasadena (California) o 12 de outubro de 1962 e finado en Palm Springs o 19 de maio de 2025, foi un actor pornográfico gay, actor e cantante estadounidense que residía en Nova York.

Carreira Carreira pornográfica Colton Ford aparece nunha ducia de filmes pornográficos. As actuacións máis destacabeis son Conquered que o levou a un nomeamento nos Grabby Awards de 2002 na categoría "Mellor Escena de Sexo en grupo", Gang Bang Café cun nomeamento dos GayVN Awards de 2003 como "Mellor actor" e o seu papel protagonista en Colton que o levou a ser nomeado e gañador do "Actor gai do ano" nos GayVN Awards.

Carreira musical Ford lanzou a súa carreira musical de estilo electrónico co sinxelo «Everything» e o cover de Stevie Wonder «Signed, sealed, delivered i'm yours». Ademais de compor e escribir as súas propias pezas musicais, colaborou co cantante Pepper Mashey. A canción acadou o posto 9 na lista Hot Dance Club Play e o posto 25 no Hot Dance Singles Sales.

Lanzou o seu primeiro álbum, Tug of War, dixitalmente no 2008, e formou parte do True Colors Tour 2008. O seu segundo álbum, Under the Covers lanzouse no 2009.

Filmografía Pornográfica Ano Título Rol Premios2001ConqueredGladiator2002 Grabby Awards "Best Group Sex Scene" PornStruck 22002Aftershock: Part 1MSR's hottest Aftershock: Part 2MSR's hottest Bearing Leather Bringing Out Brother Head GamesJocker Gang Bang Café(Nomeado) 2003 GayVN Awards "Best Performers" ColtonColton2003 GayVN Awards "Gay Performer of the Year" Closed Set: The New CrewThe key grip Prowl 3: Genuine LeatherNastiest leather2003Still UntamedUntamer

Non-pornográfico Ano Título Rol Tipo2000The Next Best ThingGlenFilme2001CircuitVideo Circuit ManFilme2004Naked FameEl mesmoDocumentalHellbentNickname Band MemberFilme2008Another Gay Sequel: Gays Gone Wild!Butch HunkFilme "Into the Nightlife"Bailarín no clubVideo musical2007–2009The LairSheriff TroutSerie de televisión

Discografía Título Detalles do álbum Tug of War Data de lanzamento: 9 de setembro de 2008 Selo: Outsider Music Formato: CD, Dixital Under the Covers Data de lanzamento: 4 de agosto de 2004 Selo: Peace Bisquit Formato: CD, Dixital The Way I Am Data de lanzamento: 18 de xuño de 2013 Formato: CD, Dixital

Notas

Categoría:Actores porno dos Estados Unidos de América Categoría:Cantantes de California Categoría:Actores dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1962 Categoría:Nados en Pasadena, California Categoría:Actores de porno gai Categoría:Finados en 2025