Claude Barruck Joseph Lelouch ([ləluʃ]), nado en París o 30 de outubro de 1937 é un director, actor, produtor e director de fotografía francés.

Traxectoria Lelouch naceu en París, fillo de Charlotte Abeilard e Simon Lelouch. O seu pai naceu nunha familia xudía alxeriana e a súa nai converteuse ao xudaísmo.Joseph Tolédano, Les Juifs maghrébins, Brepols, 1989, p.287 O seu pai deulle unha cámara para que tivese un novo comezo tralo fracaso no bacharelato. Comezou a súa carreira facendo reportaxes, unha das primeiras consistiu en filmar a vida diaria na Unión Soviética, coa cámara oculta baixo o abrigo durante unha viaxe persoal. Tamén filmou acontecementos deportivos.

A súa primeira longametraxe como director, Le Propre de l'homme, recibiu malas críticas. La femme spectacle (1963), que seguía prostitutas, mulleres de compras e operacións estéticas de nariz, foi censurado pola súa misoxinia. Un homme et une femme cambiou a súa sorte e recibiu o favor mesmo dos críticos de Cahiers du cinéma. Con este filme gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cine de Cannes e o Óscar ao mellor guión orixinal. Neste filme a música é do seu compositor habitual Francis Lai.

Nos últimos anos o público e a crítica estivo menos interesado nos seus filmes como director.

Filmografía

Le Propre de l'homme (1960) L'Amour avec des si (1962) La Femme spectacle (1963) Une fille et des fusils (1964) Les Grands Moments (1965) Pour Un Maillot Jaune (1965) Un homme et une femme (1966) Vivre pour vivre (1967) La Vie, l'amour, la mort (1968) 13 jours en France (1968) Un Homme qui me plaît (1969) Le Voyou (1970) Smic, Smac, Smoc (1971) A aventura é a aventura (1972) La bonne année (1973) Visions of Eight (1973) Mariage (1974) Toute une vie (1974) Le Bon et les méchants (1975) Le Chat et la souris (1975) C'était un rendez-vous (1976) Si c'était à refaire (1976) Un autre homme, une autre chance (1977) Robert et Robert (1978) À nous deux (1979) Les Uns et les Autres (1981) Édith et Marcel (1982) Viva la vie (1983) Partir, revenir (1984) Attention bandits! (1986) Un homme et une femme : vingt ans déjà (1986) Itinéraire d'un enfant gâté (1988) Il y a des jours... et des lunes (1989) La Belle Histoire (1992) Tout ça... pour ça ! (1992) Les Misérables (1995) Lumière et compagnie (1995) Hommes, femmes, mode d'emploi (1996) Hasards ou coïncidences (1997) Une pour toutes (1999) And now... Ladies and Gentlemen (2001) 11'9''01 September 11 (2002; episodio "France") Les Parisiens (2004) Le Courage d'aimer (2005) Roman de Gare (2007; tamén aparece co pseudónimo "Hervé Picard") Ces amours là (2010) D'un film à l'autre (2011) Salaud, on t'aime ! (2014) Un plus une (2015)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Actores de Francia Categoría:Guionistas de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1937 Categoría:Óscar ó mellor guión orixinal