Marcos Montes Couñago, nado en Redondela o 12 de agosto de 1975 é un adestrador de fútbol galego. É irmán do tamén adestrador Jacobo Montes, e dende 2021 é o seu segundo adestrador no Coruxo, da Segunda División RFEF.
Traxectoria Como futbolista xogou no Choco da súa vila natal, ata que se retirou tras unha grave lesión. Comezou a súa carreira como adestrador nos xuvenís do Choco, pasando logo polo Arcade, o Moaña, o Gondomar e o Valladares.
En 2015 comezou a adestrar o primeiro equipo do CD Choco, na Terceira División, substituíndo ao técnico que até ese momento estaba ao cargo, o seu irmán Jacobo Montes. Na súa primeira campaña á fronte do club de Redondela, clasificouse para a promoción de ascenso a Segunda B, pero foi eliminado polo Deportivo Aragón. Dirixiu o club ata 2018, proclamándose campión tres veces consecutivas da Copa Deputación de Pontevedra.
Dende 2018 traballou como segundo adestrador de seu irmán Jacobo no Coruxo, Celta de Vigo B e Guijuelo.
Palmarés Choco
Copa Deputación de Pontevedra (3): 2016, 2017, 2018.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do adestrador en LaPreferente.com .
Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1975 Categoría:Futbolistas de Redondela Categoría:Xogadores do CD Choco Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do CD Choco