María Tereixa dos Anxos Novo Arrojo, nada en Lugo en 1956, é unha política galega do BNG.

Traxectoria Profesora de Primaria e Secundaria, foi liberada sindical. Foi membro de Fuxan os Ventos. Membro do Consello Nacional do BNG e da súa Executiva (1991–1995), foi deputada no Parlamento de Galicia en substitución de Henrique Tello (2002–2005). Foi delegada provincial na Coruña da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar (2005–2009). En 2015 presentouse ás primarias de Iniciativa pola Unión para a provincia da Coruña.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en Galicia Política

Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados en Lugo Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes