Quetzalcóatl (en ) é unha divindade das culturas mesoamericanas, venerado principalmente polos aztecas e os toltecas. O seu nome significa "serpe emplumada" e provén do náhuatl quetzalli, “pluma do paxaro quetzal (Pharomachrus mocinno)”, e coatl, “serpe”). É identificado por algúns investigadores como a principal deidade do panteón centro-mexicano precolombiano. Tamén se coñece como Tecatlipoca Branco, Ce Acatl Topiltzin Quetzalcoatl, Serpe Emplumada, Precioso xemelgo e Tlahuizcalpantecuhtli.

Historia Os aztecas incorporaron esta deidade coa súa chegada ao val de México, no entanto modificaron o seu culto, eliminando algunhas partes, como a prohibición dos sacrificios humanos. Especúlase que a orixe desta deidade provén da cultura olmeca, aínda que a súa primeira aparición inequívoca ocorreu en Teotihuacán. A cultura teotihuacana dominou durante séculos o planalto mexicano. As súas influencias culturais abarcaron gran parte de Mesoamérica, incluíndo as culturas maia, mixteca e tolteca. Os maias nomearon a Quetzalcóatl como Kukulkán.

Quetzalcóatl representa as enerxías telúricas que ascenden, de aí que sexa representado como unha serpe emplumada. Neste sentido, representa a vida, a abundancia da vexetación, o alimento físico e espiritual para o pobo ou o individuo que procura un ascenso espiritual.

Posteriormente, pasou a ser venerado como deus representante do planeta Venus, simultaneamente Estrela da Mañá e Estrela da noite, correspondendo, co seu xemelgo Xolotl, á noción de morte e resurrección. Deus do Vento e Señor da Luz, era, por excelencia, o deus dos sacerdotes. É ás veces confundido co rei sacerdote de Tollan-Xicocotitlan.

Segundo fontes incertas e tradicións orais, unha das representacións deste deus é un home branco, con barba e de ollos claros. Esta representación sería un dos motivos da teoría de que os pobos indíxenas, durante a conquista da Nova España (Mesoamérica), creron que Hernán Cortés era Quetzalcóatl. O académico multiculturalista Serge Gruzinski, analizando as crónicas do século XVI sobre a conquista de México, considera que os aztecas realmente pensaron que Cortés era Quetzalcóatl e esa é unha das razóns pola que os españois dominaron tan facilmente a América Central. Os aztecas crían na volta de Quetzalcóatl e iso contribuíu positivamente no seu contacto cos españois, pensando que foran enviados polo deus.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Lenda da creación do home e do millo e Bibliografía

David Carrasco. Quetzalcoatl and the Irony of Empire: Myths and Prophecies in the Aztec Tradition. O'brien Pocket Series. University Press of Colorado, 2001.

Translation of El mito de Quetzalcóatl, original Spanish-language.

Categoría:Deuses aztecas Categoría:Deuses creadores Categoría:Deuses solares Categoría:Deuses do comercio Categoría:Deuses do ceo e do clima Categoría:Deuses da saúde Categoría:Deuses da arte Categoría:Deuses da sabedoría Categoría:Deuses do coñecemento Categoría:Deidades de Venus