Joan Busquets i Grau, nado en El Prat de Llobregat no ano 1946, é un arquitecto e urbanista catalán de fama internacional. Titulouse na Universidade Politécnica de Cataluña en 1969 e doutorouse na mesma en 1975, ocupando actualmente a cátedra de urbanismo. Tamén é catedrático da Harvard Graduate School of Design da Universidade Harvard dende 2002, e profesor convidado e consultar en universidades de disversos países. A súa firma de arquitectura BAU (B Arquitectura i Urbanisme SL) ten sede en Barcelona. No ano 2011 foi galardoado co Premio Erasmus, un premio anual que outorga a Fundación Praemium Erasmianum a persoas ou institucións que fixeron contribucións excepcionais nos eidos da cultura, humanidades, ciencias sociais e arte, "en recoñecemento ao seu impresionante e multifacético traballo no eido da planificación urbanística".

Publicacións 1992: Barcelona: Evolución urbanística de una ciudad compacta, ISBN 978-8476284582 1994: Barcelona, ISBN 978-8471005366 1999: La urbanización marginal, ISBN 978-8483013250 2008: Ciutat Vella de Barcelona: Un Passat amb futur, ISBN 978-8476095669

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de BAU Laboratori d'Urbanisme de Barcelona

Categoría:Nados en 1946 Categoría:Nados en El Prat de Llobregat Categoría:Premio Erasmus Categoría:Arquitectos de Cataluña Categoría:Personalidades do urbanismo Categoría:Profesores da Universidade Harvard Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Cataluña