Onneca Fortúnez ou Íñiga Fortúnez,Jayyusi 1992, p. 463Fletcher 2006, p. 53 nada cara ao 848 e finada despois do ano 890, foi unha princesa vascaBarrucand & Bednorz 1999, p. 51 do Reino de Pamplona, posteriormente chamado Reino de Navarra.Stasser 1999, pp. 815–816 Foi filla do rei Fortún Garcés de Pamplona e a súa muller Oria.

Na época na que naceu Onneca, a Península Ibérica atopábase baixo o dominio da dinastía musulmá Omeia. Só os reinos do norte de Asturias e Pamplona eran cristiáns, perpetuando as tradicións hispano-romanas visigodas. Onneca era membro da casa real dos Íñiguez, que facía honra ó seu bisavó Íñigo Arista, quen fundara o Reino de Pamplona contra o ano 824.Salas Merino 2008, p. 90 A información sobre a vida de Onneca é parcial. Os datos biográficos sobre ela proveñen de dúas fontes principais: o Códice de Roda e dos relatos de historiadores musulmáns de Al-Andalus, que fan referencia a Onneca polo nome árabe Durr (در), que significa "perla".

Onneca é principalmente coñecida por casar cun príncipe da dinastía Omeia. Aínda que as unións matrimoniais entre concubinas escravas cristiás e gobernantes musulmáns eran frecuentes, o caso de Onneca é un dos poucos exemplos nos cales unha princesa cristiá contraeu matrimonio coa realeza musulmá. Este matrimonio xerou alianzas familiares entre as familias gobernantes cristiás e musulmás da Península Ibérica conducindo, inicialmente, a unha colaboración estreita entre a Casa de Íñiguez e os musulmáns omeias.Faro Carballa et al. 2007, p. 102 Os efectos políticos do casamento de Onneca tiveron repercusión despois da súa morte, que se produciu en data incerta.

Notas

Categoría:Reis de Navarra