Beach House é o álbum de estrea da banda estadounidense de dream pop Beach House, publicado o 3 de outubro de 2006 a través do selo Carpark Records. O disco foi situado no número 16 na lista de Pitchfork Media dos mellores álbums de 2006. Pitchfork compara este traballo co son de bandas como Mazzy Star, Spiritualized e Slowdive.
Só se fabricaron 1.100 álbums en vinilo branco. O disco sería reeditado en vinilo negro. A canción "Master of None" foi sampleada por The Weeknd para o seu tema "The Party & The After Party".
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Beach House Categoría:Álbums musicais de 2006 Categoría:Álbums de Carpark Records Categoría:Álbums de estrea