A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), anteriormente Asociación Galega de Guionistas, é unha asociación sindical fundada en 1997 que conta cos seguintes obxectivos fundamentais: A representación, defensa e promoción dos intereses comúns dos seus afiliados no ámbito laboral, profesional, social, económico e cultural. A representación dos intereses xerais da profesión fronte ás administracións, institucións, empresas e outros colectivos de ámbito autonómico, estatal e internacional participando nos órganos consultivos das mesmas cando sexa necesario, defendendo os dereitos recoñecidos pola Lei da Propiedade Intelectual. A difusión social e cultural da profesión de guionista e a súa tarefa. A organización de actividades formativas e culturais para os seus afiliados.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web
Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Sindicatos de Galicia Categoría:Asociacións de Galicia