miniatura|Staffan Mörling canda a Xoán Carlos I e Manuel Gutiérrez Mellado no Laboratorio de Linguas de Kungliga Sjökrigsskolan.

Staffan Mörling, nado en Karlstad (Värmland) o 31 de decembro de 1936 e finado o 14 de maio de 2020, foi un etnólogo e antropólogo sueco. Estaba especializado no estudo de lanchas e dornas.

Traxectoria Estudou Latín, Historia da Arte e Antropoloxía na Universidade de Lund. Na illa de Ons comezou a estudar as dornas para a súa tese de doutoramento. Alí coñeceu a Xosefa Otero, a súa dona, que traballou de costureira na illa e coa cal aplicou as teorías danesas da nova etnoloxía. Tiveron unha filla, Maribel.

Foi profesor de idiomas na Escola Naval Militar de Marín. Foille concedida a Cruz do Mérito Naval. Amais, o concello de Bueu nomeouno Fillo Adoptivo e adicoulle unha rúa na vila.

Obra Skogsbana: historik över Lindfors-Bosjöns järnväg. Svenska järnvägsklubben, 1963. Las embarcaciones tradicionales de Galicia. Xunta de Galicia, 1989 Clinker built boats of the Iberian Peninsula, en Oxbow monograph, 99-1313901-5; 40, 1994. La transformación morfológica de la embarcación de pesca de Galicia norte. Anuario do Museo de Pontevedra, 1998. Lanchas e dornas. A estabilidade cultural e a morfoloxía das embarcacións na costa occidental de Galicia. Xunta de Galicia, 2005 (primeira edición en inglés, 1999). Allmogebåten som uttryck för kulturell identitet. 2004. Långt borta ute i havet (självbiografisk). Nomen förlag, 2012. Alá, no medio do mar. A comunidade da illa de Ons. Naturaleza y Parques Nacionales, 2013. Namoreime en Ons. Edicións do Cumio, 2015.

Véxase tamén Bibliografía "Staffan Mörling, wisdom and experience on board the catalogue of DORNA project", en Proyecto Dorna . "Staffan Mörling, o sueco de Beluso que dignificou os barcos dos pobres", artigo de Francisco Fernández Rei na web da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.

Categoría:Nados no condado de Värmland Categoría:Nados en 1936 Categoría:Antropólogos de Suecia Categoría:Etnólogos Categoría:Finados en 2020