miniatura|Ovo de Leiothrix lutea calipyga O leiótrix de bico vermello (Leiothrix lutea) é unha especie de ave paseriforme da familia Leiothrichidae.
Descrición O macho posúe un canto parecido ao do reiseñor común. Ademais, posúen unhas atractivas cores, das que destaca o verde das ás e o amarelo da gorxa. A súa alimentación é principalmente insectívora, pois caza todo tipo de insectos e vermes. Tamén se alimentan de sementes e froitas.
É empregada como ave de gaiola.
Distribución natural É unha especie orixinaria do sur de Asia, concretamente desde o norte do Himalaia e Tailandia até o sur da China e Myanmar.
Distribución actual Algunhas poboacións foron introducidas no Xapón, en Hawai, en Florida (Estados Unidos) e nas illas Reunión. O carácter invasor desta especie motivou a prohibición da súa importación, venda, cría e liberación ao medio ambiente no Xapón. asahi.com GISP News.
En Europa está documentada a presenza de individuos escapados en España e Francia. Destaca, dende 1990, o seu asentamento na Serra de Collserola, en puntos do núcleo urbano de Barcelona e na fronteira con Francia no País Vasco e Navarra.Leiothrix lutea CATÁLOGO ESPAÑOL DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS
Debido ao seu potencial colonizador e á grave ameaza que supón para as especies autóctonas, os hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi catalogada no Catálogo Español de Especies exóticas Invasoras, aprobado por Real Decreto 1628/2011, de 14 de novembro. Polo tanto, está prohibida en España a súa introdución no medio natural, a súa posesión, o seu transporte, o seu tráfico e o seu comercio.
Conservación e ameazas Debido a que o seu rango de distribución é moi grande, a UICN non a cataloga como especie ameazada, a pesar da destrución do seu hábitat e a súa captura como ave de gaiola.BirdLife International 2008.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Paseriformes Categoría:Animais descritos en 1786 Categoría:Especies invasoras animais