As epístolas de Xoán son un conxunto de tres libros do Novo Testamento que se cre que foron escritos entre os anos 85 e 100. Tradicionalmente considérase como o seu autor a Xoán o Evanxelista.

Primeira Epístola de Xoán

miniatura|Primeira Epístola. Esta epístola, a diferenza das outras dúas, é máis un sermón para axudar a fortalecer a fe do pobo en Xesús, para axudar a entender por que un ser tan grande como o fillo de Deus tería unha vida terreal e a morte agónica dun mortal.

Segunda Epístola de Xoán

Esta epístola é unha breve carta do Apóstolo a unha anónima «señora elixida» a quen ama e aos seus fillos. Na carta de Xoán, el advirte sobre abrir a casa aos falsos mestres e conmina a practicar sempre a verdade evitando o segredo.

Terceira Epístola de Xoán

A terceira epístola, tamén unha carta breve, diríxese a un home chamado Gaio e menciónao como «un querido amigo». Fala dun home chamado Diótrefes a quen Gaio excomungou da igrexa, quen suscitara un sentimento anti-misioneiro, tratando de conseguir que a igrexa evitase recibir aos misioneiros. Crese que a carta foi entregada por un terceiro personaxe, Demetrio.

Notas

Categoría:Novo Testamento Categoría:Epístolas