Aethelberht (tamén Æthelberht), nado cara ao 560 e finado o 24 de febreiro de 616, foi rei de Kent desde arredor do ano 558 ou 560 (a data máis temperá segundo Sprott, a última segundo William de Malmesbury) ata a súa morte.

Traxectoria Beda, o monxe do século VIII, na súa Historia Eclesiástica do pobo inglés, lista a Aethelberht como o terceiro rei en exercer o imperium sobre outros reinos anglosaxóns. A Crónica anglosaxoa de finais do século IX cualifícao de "bretwalda", ou "gobernante de Bretaña". Foi o primeiro rei inglés convertido ao cristianismo.

Aethelberht era fillo de Eormenric, e sucedeuno como rei, segundo a Crónica. Casou con Berta, a filla cristiá de Cariberto, rei dos francos, facendo así unha alianza co estado máis poderoso da Europa Occidental de entón; o matrimonio probablemente constituíuse antes de Aethelberht ascender ao trono. A influencia de Berta puido facer que o papa Gregorio I decidise enviar a Agostíño como misioneiro desde Roma. Agostiño desembarcou na Illa de Thanet, na parte oriental de Kent, en 597. Pouco despois, Aethelberht converteuse ao cristianismo, establecéronse igrexas, e comezou no reino unha conversión masiva. Aethelberht proporcionou terras en Canterbury á nova misión non só para o que sería coñecido como a Catedral de Canterbury senón tamén para o que finalmente sería a Abadía de Santo Agostiño (St. Augustin's Abbey).

A lei de Aethelberht para Kent, o código escrito máis antigo nunha lingua xermánica, instituía un complexo sistema de multas. Este pódese atopar no Textus Roffensis (c. 1120). Kent era rico, con fortes lazos comerciais co continente, e Aethelberht quizais instituira un control real sobre o comercio. Durante o seu reinado, por primeira vez despois da invasión anglosaxoa, as moedas empezaron a circular en Kent. Aethelberht foi canonizado polo seu papel no establecemento do cristianismo calcedónico entre os anglosaxóns, ao que adherían a súa muller e a súa filla. A súa festa na Igrexa Ortodoxa Oriental e na Igrexa Católica Romana orixinalmente era o 24 de febreiro, mais foi mudada ao 25.

Contexto histórico dereita|miniatura|O estado da Inglaterra anglosaxoa cando Aethelberht ascendeu ao trono de Kent.

No século V, os ataques de pobos continentais á illa de Gran Bretaña convertéronse en migración a grande escala. Sábese que os acabados de chegar incluían anglos, saxóns, xutos e frisios, e tamén hai evidencia doutros grupos. Estes grupos tomaron territorios no leste e no sur de Inglaterra, mais sobre o final do século V, unha vitoria británica na batalla de Monte Badon (Mons Badonicus) parou o avance anglosaxón durante cincuenta anos.Hunter Blair, An Introduction, pp. 13–16.Campbell et al., The Anglo-Saxons, p. 23. Con todo, a principios de 550, os británicos comezaron a perder territorios novamente, e en vinte e cinco anos pareceu que o control de case todo o sur de Inglaterra estaba nas mans dos invasores.Peter Hunter Blair (Roman Britain, p. 204) gives the twenty-five years from 550 to 575 as the dates of the final conquest.

Os anglosaxóns conquistaron Kent probablemente antes da batalla de Mons Badonicus. Existe evidencia tanto documental como arqueolóxica sobre a colonización de xutos vidos do sur da península de Xutlandia.Yorke, Kings and Kingdoms, p. 26. Segundo a lenda, os irmáns Hengist e Horsa chegaron en 449 como mercenarios dun rei británico, Vortigern. Despois dunha rebelión pola paga e a morte de Horsa en batalla, Hengist estableceu o reino de Kent.Swanton, Anglo-Saxon Chronicle, pp. 12–13. Algúns historiadores hoxe cren que a historia subxacente dunha forza de mercenarios que se rebela sería máis exacta; a maioría hoxe data a fundación do reino de Kent a mediados do século V, máis de acordo coa lenda.There is disagreement about the extent to which the legend can be treated as fact. Esta data temperá, só unhas cantas décadas após a partida dos romanos, tamén suxire que a civilización romana podería perdurar nun goberno anglosaxón en Kent máis que noutras áreas.Campbell et al., The Anglo-Saxons, p. 38.

A figura do soberano era unha cuestión central na política anglosaxoa xa antes da época de Aethelberht; os reis eran descritos como soberanos xa no século IX. A invasión anglosaxoa podería implicar unha coordinación militar de diferentes grupos invasores, cun caudillo que tivera autoridade sobre moitos grupos diferentes; Ælle de Sussex podería ser tal caudillo.Fletcher, Who's Who, pp. 15–17. Unha vez que os novos estados comezáronse a formar, empezaron os conflitos entre eles. O tributo dos subordinados podía levar á riqueza.Campbell et al., The Anglo-Saxons, p. 44. Un estado máis débil tamén podería pedir ou pagar pola protección dun veciño máis forte contra un terceiro estado belixerante.Hunter Blair, An Introduction, pp. 201–203

As fontes para coñecer este período da historia de Kent inclúen a Historia eclesiástica do pobo inglés, escrita por Beda, un monxe de Northumbria, en 731. Beda interesouse principalmente na cristianización de Inglaterra. Como Aethelberht foi o primeiro rei anglosaxón convertido ao cristianismo, Beda proporciona información máis substancial sobre el que sobre calquera rei anterior. Un dos informantes de Beda foi Albino, abade do mosteiro de San Pedro e San Paulo (despois renomeado Santo Agostiño) en Canterbury. A Crónica anglosaxoa, unha colección de anais reunidos arredor de 890 no reino de Wessex, menciona varios acontecementos en Kent durante o reinado de Aethelberht.Yorke, Kings and Kingdoms, p. 25. Máis mencións de acontecementos en Kent aparecen na historia dos francos escrita por Gregorio de Tours, de finais do século XVI. Esta é a fonte conservada máis antiga entre as que mencionan un reino anglosaxón.Kirby, Earliest English Kings, p. 30. Algunhas cartas do Papa Gregorio o Grande tratan a misión de Santo Agostiño en Kent en 597; estas cartas tamén mencionan o estado de Kent e as súas relacións cos seus veciños. Outras fontes inclúen listas dos reis de Kent e estatutos máis antigos (sesións de terra de reis aos seus seguidores ou á igrexa). A pesar de que non fica ningún orixinal do reinado de Etelbero, hai copias máis tardías. Tamén existe un código legal do seu reinado.

Liñaxe, ascenso ao trono, e cronoloxía Segundo Beda, Aethelberht descendía directamente de Hengist. Beda da a seguinte liñaxe: "Aethelberht era fillo de Irminric, fillo de Octa, e despois do seu avó Oeric, cuxo alcume era Oisc, os reis do pobo de Kent xeralmente coñecéronse como Oiscing. O pai de Oeric era Hengist."Bede, Ecclesiastical History, Book II, Ch. 5, from Sherley-Price's translation, p. 112. Unha xenealoxía alternativa que se atopa na Historia Brittonum entre outras fontes, inverte a orde de Octa e Oisc na liñaxe. O primeiro destes nomes que se pode localizar historicamente de xeito confiable é o do pai de Aethelberht, que hoxe normalmente se escribe Eormenric. A única referencia escrita de Eormenric está nas xenealoxías de Kent, mais Gregorio de Tours si menciona que o pai de Aethelberht era o rei de Kent, aínda que non dá ningunha data. O nome Eormenric proporciona pode establecer unha relación coa outra beira do Canal da Mancha; o elemento "Eormen" era raro nos nomes da aristocracia anglosaxoa, mais moito máis común entre os nobres francos.Yorke, Kings and Kingdoms, p. 28.

Tamén se coñece outro membro da familia de Aethelberht: a súa irmá, Ricole, rexistrada tanto por Beda como pola Crónica anglosaxoa como a nai de Sæberht, rei dos saxóns do leste.Bede, Ecclesiastical History, Book II, Ch. 3, from Sherley-Price's translation, p. 108.

As datas do nacemento de Aethelberht e o seu ascenso ao trono de Kent son debatidos. Crese que Beda, a fonte máis antiga, toma os seus datos de Albino. Beda afirma que cando Aethelberht morreu en 616 reinaba había cincuenta e seis anos, datando o seu ascenso en 560. Beda tamén di que Aethelberht morreu vinte e un anos após o seu bautismo. Sábese que a misión de Agostiño chegou de Roma en 597, e segundo Beda, foi a que converteu a Aethelberht.Bede, Ecclesiastical History, Book I, Ch. 25 & 26, from Sherley-Price's translation, p. 74–77. Por iso as datas de Beda son contraditorias. A Crónica anglosaxoa, unha fonte importante para datas antigas, é tan contraditoria coma Beda e tamén hai inconsistencias entre versións de diferentes manuscritos. Pondo xuntas as datas diferentes da Crónica para o nacemento, morte, e duración do reinado, parece que se cría que o reinado de Aethelberht trascorreu entre 560 e 616, ou entre 565 e 618, pero que as fontes confundiron as dúas tradicións.Kirby (Earliest English Kings, pp. 31–3) provides an extended discussion of the difficult chronology of Æthelberht’s reign.

É posible que Aethelberht se convertera ao cristianismo antes da chegada de Agostiño. A muller de Aethelberht era cristiá e trouxera un bispo franco consigo para atendela na corte, entón Aethelberht tería coñecemento do cristianismo antes que a misión chegara a Kent. Tamén é posible que Beda tivera unha data errada da morte de Aethelberht; se, de feito, morreu en 618, isto sería consistente cun bautismo en 597, o cal concorda coa tradición de que Agostiño converteu o rei durante o primeiro ano desde a súa chegada.

Gregorio de Tours, na súa Historia Francorum, escribe que Berta, filla de Cariberto, rei dos francos, casou co fillo do rei de Kent. Beda di que Aethelberht recibiu a Berta "dos seus pais". Se se interpreta literalmente a Beda, o matrimonio tivo que ter lugar antes de 567, cando Cariberto morreu. As tradicións sobre o reinado de Aethelberht, entón implicarían que o rei casou con Berta antes de 560 ou de 565.

A gran duración do reinado de Aethelberht tamén foi vista con escepticismo polos historiadores; suxeriuse que morreu cando tiña cincuenta e seis anos de idade, e non cincuenta e seis anos de reinado. Isto sinalaría o ano do seu nacemento arredor de 560, e entón non poderíase casar ata mediados da década de 570. Segundo Gregorio de Tours, Cariberto era rei cando casou con Ingoberg, a nai de Berta, o cal indica que o matrimonio no puido ser antes de 561. Polo tanto é improbable que Berta casara moito antes de 580. Estas datas máis tardías para Berta e Aethelberht tamén solucionan outro posible problema: parece que a filla de Aethelberht, Æthelburh, sería filla de Berta, pero as datas máis antigas farían a Berta duns sesenta anos cando Æthelburh, de acordo coas datas probables, naceu.

Gregorio, porén, tamén di crer que Ingoberg tiña setenta anos en 589; e isto faríaa ter uns corenta cando casou con Cariberto. Isto é posible, mais parece improbable, especialmente porque parece que Cariberto tiña certa preferencia por mulleres máis novas, sempre segundo o relato de Gregorio. Isto implicaría unha data de nacemento máis temperá para Berta. Doutra banda, Gregorio refírese ao Aethelberht da época do seu matrimonio con Berta simplemente como "un home de Kent", e na pasaxe 589 respecto a morte de Ingoberg, o cal foi escrito entre 590 e 591, refírese a Aethelberht como "o fillo do rei de Kent". Se isto non reflicta só a ignorancia de Gregorio sobre os asuntos de Kent, o cal parece improbable dado os lazos próximos entre Kent e o francos, entón o reinado de Aethelberht, como afirman algúns, non podería comezar antes de 589.IV 25 and IX 25 in Gregory of Tours (1974).

Mentres todas as devanditas contradicións non se poidan reconciliar, a datas mais probables que se poden esbozar a partir das que se dispón, sinalan o ano do nacemento de Aethelberht arredor de 560 e, quizais, para o seu matrimonio con Berta, 580. O máis probable é que o seu reinado comezara en 589 ou 590.

O reinado conxunto