O Parque escultórico da Torre de Hércules é un museo ao aire libre situado arredor do faro. O parque está incluído na área Patrimonio Mundial da Humanidade.

Localización O museo esténdese dende a praia do Areal pola península da Torre e Punta Herminia ata o Campo da Rata. Ocupa unha superficie de 47 hectáreas.

Están sinaladas tres rutas nesta área, que integran outros elementos, como o Cemiterio Mouro, os petróglifos do Monte dos Bicos e as balizas de navegación.

Esculturas miniatura|dereita|"Breogán", de Xosé Cid. As esculturas do museo fan referencia ao mar e mais ás lendas relacionadas coa Torre de Hércules.

As obras que compoñen o percorrido son: "Menhires", de Manolo Paz "Monumento aos fusilados na guerra civil", de Isaac Díaz Pardo "Portas", de Francisco Leiro "Hércules na nave dos Argonautas", de Gonzalo Viana "A copa do Sol", de Pepe Galán "Caracola", de Moncho Amigo "Caronte", de Ramón Conde "Breogán", de Xosé Cid "Gardiáns", de Soledad Penalta "Ara Solis", de Silverio Rivas "Rosa dos Ventos", de Correa Corredoira "Menhir pentacefálico", de Ramón Miranda "Ártabros", de Arturo Andrade "Combate entre Hércules e Xerión", de Xosé Espona e Tim Behrens "Guitarra", de Pablo Serrano "Monumento a Carlos III", de Pablo Serrano "Hidra", de Fidel Goás

A escultura "Espiñento", de Enrique Saavedra, instalada na Furna dos Touciños, foi desmantelada en 2008.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en Turgalicia Parque escultórico de la Torre de Hércules Guía do Xardín de Hércules Roteiro pola Coruña mariñeira con Xurxo Souto

Categoría:Museos da Coruña Categoría:Parques da Coruña Categoría:Monumentos da Coruña Categoría:Menhires