Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia. A súa xestión corre a cargo da Biblioteca de Galicia e ten como misión difundir e preservar o patrimonio documental e bibliográfico galego. Está impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.
Historia miniatura|Biblioteca de Galicia. O CSBG (Centro Superior Bibliográfico de Galicia), que posteriormente pasou a ser a Biblioteca de Galicia, comezou os seus traballos no ano 1986. Creouse de forma oficial no ano 1989 e cumpre as funcións de Biblioteca Nacional a nivel autonómico. O seu proxecto de dixitalización iniciouse no ano 1997, coa dobre finalidade de salvagardar materiais únicos e facilitar a súa difusión e o acceso aos mesmos. A partir do ano 1999 fíxose posible o acceso á súa base de datos a través de Internet. En outubro de 2008 desenvolveuse a nova versión da plataforma, e así naceu Galiciana, un repositorio OAI cuxos metadatos poidan ser colleitados por Hispana e agregados a Europeana, OAIster e ROAR.
Obxectivos A creación e obxectivos da Biblioteca Dixital de Galicia están estreitamente relacionados coas circunstancias específicas de creación do CSBG: Non contar con fondo histórico Non dispor dun espazo físico axeitado para o almacenamento e custodia do depósito legal A existencia de coleccións de gran valor dispersas xeograficamente por todo o territorio galego e a imposibilidade de reunilas a todas nun mesmo lugar. Por todo isto decídese dixitalizar os fondos dispersos pola comunidade galega e crear unha biblioteca dixital cuxas funcións serán dar a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e cumprir os estándares para que a interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes sexa posible.
Descrición A biblioteca dixital de Galicia ofrece, ademais da referencia bibliográfica dos impresos a posibilidade de acceder a documentos dixitalizados de gran parte do Patrimonio Bibliográfico Galego ou de interese para Galicia. Esta dixitalización cumpre a aplicación das últimas directrices e estándares nacionais e internacionais co fin de normalizar o acceso.
Contido Fondos propios da Biblioteca de Galicia Obras dixitalizadas en colaboración coas principais bibliotecas patrimoniais galegas como a Universidade de Santiago de Compostela, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Penzol, e a Real Academia Galega. Fondos dixitalizados procedentes das bibliotecas do Seminario de Mondoñedo e da de Estudos Locais da Coruña.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Biblioteca Virtual Galega Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Ligazóns externas Galiciana. Patrimonio Dixital de Galicia
Categoría:Bibliotecas de Galicia Categoría:Bibliotecas dixitais