Construcións Navais Paulino Freire (Freire Shipyard) é un estaleiro galego situado na parroquia de Bouzas (Vigo); a súa actividade é a construción, transformación e reparación de todo tipo de buques de casco de aceiro de até 155 metros de eslora.

Historia O estaleiro foi fundado no ano 1895 por Paulino Freire na parroquia de Bouzas (Vigo), a primeira actividade do estaleiro data de finais do século XIX e principios do século XX; nos seus primeiros anos de actividade o estaleiro dedícase á reparación dos buques da frota pesqueira viguesa (moitos destes buques pertencían ao fundador da empresa Paulino Freire).

No ano 1910 o estaleiro comeza a fabricar máquinas de vapor baixo patente propia.

Durante os anos 20 o estaleiro especializouse na construción de buques pesqueiros de madeira para Portugal; estes buques ademais incluían equipos propulsores e auxiliares de vapor que fabricaba o propio estaleiro.

No ano 1945, ao pouco de rematar a segunda guerra mundial o estaleiro continua coa súa expansión comercial en portos de todo o mundo grazas á empresa de efectos navais Efectos Navales P. Freire.

A mediados do século XX o estaleiro comeza a construír buques en aceiro; sendo o primeiro destes buques Puente Castrelos, cuxa construción se iniciou no ano 1958 e rematou no 1961.

En 1974 debido á forte demanda de buques da época, Freire Shipyard amplía as súas instalacións coa compra da factoría de Coia. No ano 1986 a dirección da empresa decide apostar tamén pola enxeñaría naval e é por iso que o estaleiro incorpora a súa propia oficina técnica.

Durante os anos 80 e principios dos 90; a práctica totalidade das novas construcións do estaleiro foron buques arrastreiros conxeladores, principalmente para armadores de España e Marrocos.

No ano 1999 Freire Shipyard consegue uns dos maiores fitos da súa historia; xa que ese mesmo ano ten lugar a botadura do buque Willem van der Zwan, que cos seus 142 metros de eslora era o maior buque pesqueiro do mundo da época.

A principios do século XXI o estaleiro especialízase na construción de buques patrulleiros (durante eses anos a empresa constrúe tres buques da Clase Chilreu para a Armada Española).

No ano 2011 prodúcese a botadura do iate de luxo Pegaso (posteriormente Naia), o cal é a embarcación de recreo máis grande construída en España. thumb|250x250px|O buque clase HMAS Adelaide (LHD 01) soldado sobre a cuberta da plataforma semi-somerxible MV Blue Marlin (traballo realizado polo estaleiro en decembro de 2013). En decembro do ano 2013, traballadores do estaleiro efectuaron na Ría de Vigo os traballos de soldadura para a ensamblaxe e apontoamento do casco do buque de clase Canberra HMAS Adelaide (LHD 01) da Real Armada de Australia (construído en Navantia Ferrol) á cuberta do buque plataforma semi-somerxible MV Blue Marlin, para poder realizar o seu traslado a Australia.

A finais do ano 2014 parte da actividade de Freire Shipyard expándese ao estranxeiro, grazas ao contrato asinado coa Secretaría da Mariña de México, o estaleiro encargarase da construción na cidade de Guaymas Sonora (México) de tres buques abastecedores multipropósito. A tarefa de Freire Shipyard nestas tres construcións, é a da subministración do paquete completo de deseño, materiais e equipos.

No ano 2015 o estaleiro consolídase como o principal construtor naval da Ría de Vigo; asinando diversos contratos para armadores privados e para administracións públicas dos seguintes países: Noruega, Kuwait, Perú, Indonesia e a India. Especializouse sobre todo no deseño e a construción de modernos buques oceanográficos.

Instalacións Freire Shipyard conta con dúas factorías separadas entre si medio quilómetro (unha en Bouzas e outra en Coia); na factoría que se atopa situada en Bouzas atópase a sede principal da empresa, a oficina técnica, o taller de prefabricado, o taller de tubaxe, o taller de elaboración, un guindastre pórtico e dúas bancadas destinadas ás novas construcións que realiza o estaleiro. E nas instalacións que o estaleiro posúe en Coia; atópanse o taller de aceiros, o taller mecánico, o almacén, dous peiraos de 120 metros de lonxitude e unha bancada varadoiro. Nestas instalacións é onde se realizan os traballos de armado e instalación de equipos nos buques de nova construción tras a súa botadura e tamén é onde se realizan os traballos de reparación e transformación naval en xeral. En total ambas factorías contan cun espazo de 42 000 m².

Accionariado Actualmente o 100 % do accionariado da empresa é de capital privado e segue pertencendo á familia Freire.

Produtos Construcións Navais Paulino Freire dedícase á fabricación de buques e estruturas flotantes de gran tonelaxe. Está especializada principalmente na construción dos seguintes tipos de buques: arrastreiros, atuneiros, buques escola, dragas, goletas, mercantes, oceanográficos, offshore, patrulleiras, portacontedores, remolcadores, sísmicos, iates de luxo, etc.

Outra das actividades importantes do estaleiro á parte das novas construcións, é a reparación e transformación de todo tipo de buques e embarcacións.

Certificacións de Calidade O estaleiro actualmente está en posesión dos seguintes certificados de calidade: ISO 9001, ISO 14001 e a OHSAS 18001.

Premios e recoñecementos No ano 2014 o estaleiro imponse no concurso anual de Buques Destacados 2013 que organizan o Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e a Asociación de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de España, polo RRS Discovery; impóndose na final do concurso aos buques construídos polos estaleiros Gondán (Asturias) e Zamakona (País Vasco).

Buques destacados Ao longo de toda a súa historia Freire Shipyard construíu máis de 700 buques, entre os que se poden destacar os seguintes: Arrastreiro Holmøe: encargado pola armadora Holmøe Maritime de Noruega; botado no ano 2015. Oceanográfico RRS Discovery: encargado polo Instituto Británico de Investigación Ambiental; botado no ano 2013 (buque amadrinado pola princesa Ana do Reino Unido). Iate de luxo Pegaso (posteriormente Naia): encargado por Alejandro Burillo Azcárraga de México; botado no ano 2011. Offshore Polar King: encargado pola armadora Rieber Shipping Bergen de Noruega; botado no ano 2011. Offshore Volstad Surveyor: encargado pola armadora Volstad Shipping AS de Noruega; botado no ano 2010. Oceanográfico Janan RV: encargado pola Universidade de Quatar; botado no ano 2010. Remolcador Svitzer Ramsey: encargado pola armadora Svitzer Marine do Reino Unido; botado no ano 2009. Remolcador Svitzer Caldey: encargado pola armadora Svitzer Marine do Reino Unido; botado no ano 2009. Remolcador Svitzer Lindsway: encargado pola armadora Svitzer Marine do Reino Unido; botado no ano 2008. Portacontedores Tina C: encargado pola armadora Carisbrooke Shipping do Reino Unido; botado no ano 2008. Remolcador Capitaine Albert Ruault: encargado pola armadora Svitzer Marine do Reino Unido; botado no ano 2007. Portacontedores Nicole C: encargado pola armadora Carisbrooke Shipping do Reino Unido; botado no ano 2007. Portacontedores Lauren C: encargado pola armadora Carisbrooke Shipping do Reino Unido; botado no ano 2007. Portacontedores Paula C: encargado pola armadora Carisbrooke Shipping do Reino Unido; botado no ano 2007. Portacontedores Eileen C: encargado pola armadora Carisbrooke Shipping do Reino Unido; botado no ano 2007. Offshore Geowave Commander: encargado pola armadora Wavefield Inseis de Noruega; botado no ano 2006. Oceanográfico Sarmiento de Gamboa: encargado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) de España; botado no ano 2006 (buque amadrinado pola raíña Sofía de Grecia). Atuneiro Draco: encargado pola armadora Albafrigo de España; botado no ano 2006. Patrulleiro Anna Kakurukaze Mungunda: encargado polo Ministerio de Pesca e Asuntos Mariños de Namibia; botado no ano 2004. Patrulleiro Tarifa (P-64): encargado pola Armada Española; botado no ano 2003. Draga Acanto: encargado pola empresa Fomento de Construcciones y Contratas de España; botado no ano 2002. Arrastreiro Manuel Ángel Nores: encargado pola armadora Pesquerías Nores de España; botado no ano 2002. Arrastreiro Novo Alborada: encargado pola armadora Alborada Pesquerías de España; botado no ano 2001. Arrastreiro Akamalik: encargado pola armadora Royal Greenland, A.S. de Islandia; botado no ano 2001. Arrastreiro Willem van der Zwan: encargado pola armadora W. van der Zwan & Z.n.b.v. de Holanda; botado no ano 2000. Patrulleiro Arnomendi (P-63): encargado pola Armada Española; botado no ano 2000 (buque amadrinado pola exministra de Agricultura, Pesca e Alimentación Loyola de Palacio). Remolcador RT Magic: encargado pola armadora Kotug Europe de Holanda; botado no ano 1999. Remolcador RT Spirit: encargado pola armadora Kotug Europe de Holanda; botado no ano 1999. Buque Mercante Conxelador Sierra Leyre: encargado pola armadora Seatrade Groningen de Holanda; botado no ano 1997. Buque Mercante Conxelador Sierra Loba: encargado pola armadora Marítima do Norte de España; botado no ano 1997. Buque Mercante Conxelador Sierra Lara: encargado pola armadora Marítima do Norte de España; botado no ano 1997. Patrulleiro Alborán (P-62): encargado pola Armada Española; botado no ano 1997. Arrastreiro Playa de Barra: encargado pola armadora Grupeixe Empresas Pesqueras de España; botado no ano 1987. Arrastreiro Vieirasa Sete: encargado pola armadora Vieira S.A. de España; botado no ano 1985. Oceanográfico Cornide de Saavedra: encargado polo Instituto Español de Oceanografía (IEO); botado no ano 1982. Arrastreiro Playa de Galicia: encargado pola armadora Pesquerías Marinenses de España; botado no ano 1981. Arrastreiro Tasarte: encargado pola armadora Montelor Pesquera de España; botado no ano 1976. Pesqueiro Islamar III: encargado pola armadora Islamar de España; botado no ano 1971.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Consello Superior de Investigacións Científicas Instituto Español de Oceanografía Navantia Pescanova Porto de Vigo Rodman

Categoría:Empresas de construción naval de Galicia Categoría:Vigo Categoría:Industria de Galicia