Dasypus novemcinctus, coñecido vulgarmente como armadillo de nove bandas ou tatú, é unha especie de mamífero placentario da orde dos cingulados e familia dos dasipódidos.Dasypus novemcinctus no MSW.
É a especie de armadillo máis estendida. Os seus antepasados orixináronse en Suramérica e noi foi até varios miles de anos máis tarde, cando se formou o istmo de Panamá, cando puido chegar até América do Norte durante o grande intercambio americano.Where can I see an armadillo? en Armadillo Observation. University of Texas.
É un animal solitario, principalmente nocturno, que se encontra en moitos tipos de hábitats, desde bosques maduros e secundarios até zonas de pasteiros e matogueiras secas. É insectívoro, alimentándose principalmente de formigas, térmites e outros pequenos invertebrados.
Características 250px|miniatura|Camiñando. É un mamífero acoirazado de corpo pequeno que, a pesar das súas curtas patas, se move con gran rapidez. As patas posúen garras que lle permiten escavar a terra para fabricar os seus tobos.
A súa armadura é unha delgada lámina ósea cuberta por duros aneis córneos que cobre a parte superior da cabeza, as costas, os flancos e a cola. Na metade do corpo esta armadura está interrompida por partes de pel, así que os aneis óseos forman unha sorte de cintas, nove no caso desta especie, ao que alude o seu específico, novemcinctus. Normalmente enrólase formando unha bóla para durmir, ou para defenderse ante un perigo, aínda que non é fácil encontralo deste xeito.
O seu corpo mide entre 50 e 60 cm, e o seu peso oscila entre os 4 e os 8 kg. A súa coloración é escura, negra con partes brancas e beixe. As patas dianteiras teñen 4 dedos e as traseiras, 5. Ten ao rededor de 32 dentes, a pesar do cal non pode morder ou mastigar, debido a que os dentes non teñen raíces nin esmalte.
Bioloxía Hábitat e distribución As súas pel e armadura non lle permiten resistir temperaturas moi baixas, e por iso se encontra en zonas de temperaturas cálidas, dentro da súa ampla área de distribución, que se estende desde o sur dos Estados Unidos, e a través de México, América Central e o norte da Suramérica, até o norte da Arxentina, ao sur da Provincia de Buenos Aires, sendo o armadillo que conta cunha distribución máis ampla.McBee, K. & Baker, R.J. (1982): "Dasypus novemcinctus". Mammalian Species 162: 1-9.Gardner, A. L. (2005): "Order Cingulata". En: D. E. Wilson & D. M. Reeder (eds.), Mammal Species of the World: A taxonomic and geographic reference. Third edition., pp. 94-99. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press.Abba, A. M. & Vizcaíno, S. F. (2011): "Distribución de los armadillos (Xenarthra: Dasypodidae) en la provincia de Buenos Aires, Argentina". Mastozoología Neotropical 18: 185-206.Loughry, W. J. & McDonough, C. M. (2013): The nine-banded armadillo: a natural history. Norman, Oklahoma, USA: University of Oklahoma Press.
Tamén está presente nas Antillas, en Granada e Trinidad e Tobago. Encóntrase desde o nivel do mar até os 2000 m de altura.Loughry, J.; McDonough, C. & Abba, A. M. (2014): Dasypus novemcinctus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015-4. Consultada o 22 de xaneiro de 2016.
Pode encontrarse en covas, ocos, pasteiros, bosques tropicais e nunha gran variedade de hábitats de áreas secas. É bastante frecuente en todo Paraguai.
Comportamento miniatura|250px|Boca dun tobo. É un animal de hábitos nocturnos, e tímido, que se orienta polo olfacto e polo seu agudo sentido de audición. Durante o día permanece agochado nos seus tobos, escavados na terra a mediana profundidade, e polas noites aventúrase en campo aberto para cazar.
O armadillo de nove bandas é a única especie coñecida que pode inchar os seus intestinos con aire e flotar para cruzar ríos; ademais pode realizar apneas de 6 minutos, logrando cruzar polo fondo de pequenos ríos. Pode tamén saltar de 90 a 120 cm de altura no aire, sendo un particular perigo para os vehíclos nas estradas.How high can a nine-banded armadillo jump? (Everyday Mysteries: Fun Science Facts from the Library of Congress)
Alimentación É un animal basicamente insectívoro, que come principalmente formigas e térmites. Pero tamén outros pequenos insectos e as súas larvas, e outros invertebrados, como vermes e caracois, e incluso pequenos anfibios e raíces tuberosas. Pero o seu alimentop preferido son as formigas e os térmites.
Reprodución De todos os armadillos, é o máis fértil, e as femias paren entre 4 e 10 crías por camada, o que explica que sexan os máis frecuentes. Alcanzan a madurez sexual ao ano de idade. Para reproducírense constrúen covas múltiples ou tobos de 0,5 a 3,5 m de longo, interconectadas. O período reprodutivo vai de agosto a novembro. A xestación é de 120 días. As crías mantéñene agochadas nos tobos até que chegan á idade necesaria para valerse por si soas. Durante ese tempo, os pequenos son aleitados pola súa nai antes de que esta lles aprenda a capturar insectos.
Taxonomía miniatura|250px|Na Florida, Estados Unidos de América. miniatura|250px|En Nuevo León, México. miniatura|250px|Ergueito.
Descrición A especie foi descrita polo naturalista sueco Carl von Linné (Linneo) na 10ª edición do seu Systema Naturae. Sinonimia Ademais de polo nome que lle impuxo Linneo, e que é hoxe o considerado como válido, a especie coñeceuse tamén ao longo do tempo polos sinónimos seguintes: Dasypus decumanus Illiger, 1815 Dasypus decumanus Olfers, 1818 Dasypus longicaudus Schinz, 1824 Dasypus cucurbitinus Gaumer, 1917 Dasypus novenxinctus Peal & Palisot de Beauvois, 1796 Dasypus pepa Krauss, 1862 Dasypus longicaudatus Peters, 1864 Dasypus leptorhinus Gray, 1874 Dasypus cucurbitalis Fermin, 1765 Dasypus minor Fermin, 1769
Subespecies Na actualidade recoñécense, dentro da especie, as seguintes seis subespecies:Dasypus novemcinctus no SIIT. Dasypus novemcinctus D. n. novemcinctus Lönnberg, 1913 D. n. aequatorialis Peters, 1864 D. n. fenestratus Peters, 1864 D. n. hoplites G. M. Allen, 1911 D. n. mexianae Hagmann, 1908 D. n. mexicanus Peters, 1864
Relación cos humanos Os indíxenas do Chaco paraguaio gustan moito da carne do armadillo de nove bandas ou tatú, que é parte da súa dieta. Moita veces cociñan a carne na propia armadura do armadillo.
Ademais, a graxa deste animal utilízase con fins medicinais. Con ela elabóranse xaropes caseiros para combater a tose, e doenzas como a bronquite, a asma, a reuma, e golpes, chagas etc.
Este armadillo é dócil, e non presenta perigo ningún, excepto polas sus patas con largas e firmes uñas. Por iso algunhas persons téñenos como mascota, aínda que son moi escorregadizos e, se non teñen unha gaiola segura, poden escavar pozos moi profundos e causar danos nas tubaxes.
Nos países andinos, especialmente o Perú, Bolivia e a Arxentina, a armadura do armadillo utilízase para construír un instrumento musical chamado charango, semellante a unha guitarra pero de reducidas dimensións, e composto de cinco ordes de cordas que producen un son moi agudo.
Tamén serve para a confección de carteiras femininas e como alimento.
En diversas zonas de México fríxese na coiraza e cómese como un roxón. Nesta país, especialmente na zona do Iucatán, o huech —como alí se coñece— é unha prezada peza de caza, polo saboroso da súa carne e por ser un prato exótico nos máis caros restaurantes. Debido a isto o número de armadillos diminuíu de forma alarmante na rexión.
Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), desde o ano 2006, vén cualificando o status da especie como LC (pouco preocupante), cualificación que mantén a día de hoxe (2016), debido á súa larga distribución, á suposta gran poboación, á súa tolerancia á alteración dos seus hábitats, e a que non existen evidencias dunha diminución importante da poboación.
É relativamente común na Rexión Occidental de Paraguai, con algunhas extincións locais especialmente nas áreas máis secas, pero rexistrouse un incremento de poboación no departamento Presidente Hayes. Na Rexión Oriental, debido á alta presión exercida pola caza e á destrución de hábitats extinguiuse localmente en varios sitios.
Cómpre mencionar en particular que esta especie non está listada no CITES (Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de fauna e flora silvestres), acordo internacional concertado entre os gobernos para asegurar que o comercio internacional de espécimes de animais e plantas salvaxes non ameace a súa supervivencia no seu medio natural.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9, pp. 338–340. McKenna, Malcolm C. & Bell, Susan K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Nowak, Ronald M. (1999): Walker's Mammals of the World. 6ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-5789-8. VV. AA. (1968): Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 6. Animales vertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 86–88. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. (2005): Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference, 3rd ed. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0.
Outros artigos Cingulados Dasipódidos
Ligazóns externas
Dasypus novemcinctus na ADW. Con abudantísima información, numerosísimas imaxes e ampla bibliografía Dasypus novemcinctus en BioKIDS. Con abudantísima información, numerosísimas imaxes e ampla bibliografía Dasypus novemcinctus na EOL. Con información, numerosísimas imaxes e mapas . Dasypus (Dasypus) novemcinctus Linnaeus, 1758 en Fossilworks. Dasypus novemcinctus no SIIT. Por su sabor le llaman el siete carnes en Cuencia al día . El armadillo: pequeño, frágil acorazado en Diarui de Yucatán Armadillo Expansion en Wayback.archive.org .
Categoría:Cingulados Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné