José Alonso Vieites, nado en 1885 e finado en Santiago de Compostela o 12 de setembro de 1965, foi un industrial e político galego.
Traxectoria Industrial panadeiro instalado na rúa das Hortas de Santiago de Compostela. Adscrito ao Partido Republicano Gallego, na República foi concelleiro de Santiago de Compostela. Foi presidente da Unión Protectora de Artesanos.El Compostelano, 24-1-1934, p. 2. En 1935 era vogal do Comité directivo do Partido Nacional Republicano.El Pueblo Gallego, 11-5-1935, p. 12. Finou en Santiago de Compostela o 12 de setembro de 1965.Hoja Oficial del Lunes da Coruña, 13-9-1965, p. 4.La Noche, 13-9-1965, p. 2.
Vida persoal Casou con Teresa Puente Carracedo, irmá de Eduardo Puente Carracedo, e foi pai de Antonio, Libertad, José, Eduardo, Jesús, Alicia Teresa, Fernando, e Enrique Olegario Alonso Puente.
Notas
Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Nados en 1885 Categoría:Finados en 1965