Lungs é o álbum de estrea da banda inglesa de indie rock Florence and the Machine, publicado o 3 de xullo de 2009 a través do selo Island Records. O disco estreouse no número 2 da lista británica de álbums e estivo nese posto durante cinco semanas. En xaneiro de 2010 o disco acadou o número 1 durante dúas semanas consecutivas. Lungs finalmente foi certificado cinco veces disco de platino pola industria fonográfica británica. O álbum tamén chegou a estar seis semanas no número 2 da lista irlandesa.
Listaxe de cancións
Categoría:Álbums de Florence and the Machine Categoría:Álbums musicais de 2009 Categoría:Álbums producidos por Paul Epworth Categoría:Álbums de Island Records Categoría:Álbums de estrea