miniatura| miniatura|Monumento aos represaliados polo franquismo. France García García, nado en Ribadeo en 1912 e finado na Coruña o 29 de xullo de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de José García Iglesias, naceu en Ribadeo, trasladándose logo coa súa familia á Coruña, onde el e os seus sete irmáns eran coñecidos como "Os da lexía", porque seu pai montou na cidade un negocio de fabricación e venda de lixivia. Militante das Juventudes Socialistas da Coruña, colaborou no seu voceiro Joven Socialista. Despois incorporouse ás Juventudes Socialistas Unificadas. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado na Coruña por rebelión militar. Condenado a pena de morte, foi executado en Punta Herminia co seu irmán Bebel. Un terceiro irmán, Jaurés, tamén foi encarcerado, e aínda que non foi fusilado nun principio por ser menor de idade, finalmente apareceu morto no Campo da Rata, mentres o trasladaban de prisión. Pepín, outro dos irmáns, foi xulgado por sedición, pero conseguiu fuxir, uniuse á loita contra as tropas franquistas, perdeu unha perna na batalla de Brunete e finalmente exiliouse na Arxentina.
Recoñecementos A coruñesa rúa "Hermanos de la Lejía" chámase así en memoria de France e os seus irmáns. No verán de 2018 a Asociación Cultural Xermolos, de Guitiriz rendeulles homenaxe cunha serie de actos, entre eles a inauguración dunha escultura conmemorativa na parroquia de Santa Mariña, realizada polo escultor Xosé Val Díaz.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bebel García García
Pepín García García
José García Iglesias Bibliografía (2002). A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión, Ediciós do Castro.
Ligazóns externas "Los hermanos de la Lejía, referente histórico del socialismo coruñés" La Voz de Galicia, 2/3/2002 .
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Finados en 1936