Bambú Producciones é unha produtora de televisión galega que naceu en 2007, impulsada polo matrimonio que naquela altura formaban Ramón Campos e Teresa Fernández-Valdés, co obxectivo de desenvolver e producir proxectos de ficción para cine e televisión. En 2013 recibiu o Premio Cultura Galega de Creación Audiovisual. Aínda que a produtora naceu na Coruña, onde Campos e Fernández-Valdés coincidiran facendo un mestrado da UDC, a súa sede está en Pozuelo de Alarcón (Madrid).
Algunhas das súas producións tiveron importantes éxitos de público e crítica, e recibiron premios. Nomes como Gran reserva, Gran Hotel, Las chicas del cable ou Fariña marcaron fitos importantes no audiovisual galego, se ben foron todas elas producións para cadeas de televisión ou plataformas de contidos de nivel español ou internacional. Ademais de Campos e Fernández-Valdés, as producións de Bambú adoitan ter outros recorrentes nomes galegos, como a guionista Gema Neira, que é a directora de desenvolvemento de Bambú, ou o director Carlos Sedes. Tamén unha cantidade notable de actores das súas producións son galegos.
En 2023 Campos e Fernández-Valdés separáronse, e esta última montou unha nova produtora, Te espero en Marte. Paralelamente, Campos montou outra produtor, Mr Fields and Friends, con sé en Noia, de onde é orixinario.
Producións Televisión Guante blanco (2008, La 1) Gran Reserva (2010-2013, La 1) Hispania, la leyenda (2010-2012, Antena 3) Marco (2011-2012, Antena 3) Gran Hotel (2011-2013, Antena 3), Atresmedia, Bambú Producciones e Beta Film chegan a un acordo para a distribución internacional. Imperium (2012, Antena 3) Gran Reserva: El origen (2013, La 1) Velvet (2014-actualmente, Antena 3), Atresmedia, Bambú Producciones e Beta Film chegan a un acordo para a distribución internacional. The Refugees (2015, La Sexta) Bajo sospecha (2015, Antena 3), Atresmedia, Bambú Producciones e Beta Film chegan a un acordo para a distribución internacional. Seis hermanas (2015-actualmente, La 1) La embajada (2016-, Antena 3) Fariña (2018, Antena 3) Un asunto privado (2022, Amazon) Las chicas del cable Tiempos de guerra Velvet Colección Traición A pesar de todo Instinto Alta mar Malasaña 32 El verano que vivimos Jaguar Un asunto privado Dos vidas Now and Then La promesa (2023, TVE) Land of Women (2024, Apple TV), premio Rose D’Or Latinos 2025 á mellor comedia. El caso Asunta (2024), serie de true-crime, baseada nos feitos do caso de Asunta Basterra. Valle salvaje (2024), coproducida pro StudioCanal. La favorita, 1922 (2025) Manual para señoritas (2025)
Cine El club de los incomprendidos (2014), dirixida por Carlos Sedes. 13 exorcismos (2022), dirixida por Jacobo Martínez. Un año, una noche (2021), dirixida por Iñaki Lacuesta. Rondallas (prevista a estrea para 2025), dirixida por Daniel Sánchez Arévalo.
Documentais Fraga y Fidel, sin embargo (2012) American greyhounds (2010) Cazadores de trolls El caso Asunta 45 revoluciones El caso Alcàsser En el corredor de la muerte Nacho (2024, Atresplayer), baseado na vida do actor Nacho Vidal. Cómo cazar a un monstruo (2024). Dirixido por Carles Tamayo. Premio Ondas 2024 ao mellor documental, e Premio Iris 2024 ao mellor programa documental.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Produtoras de televisión de España Categoría:Produtoras de cinema de Galicia