Mauricio Farto Parra, nado en Santibáñez de Valcorba (Valladolid) o 21 de setembro de 1867 e finado na Coruña o 23 de abril de 1947 foi un músico español.

Traxectoria Farto era bisneto de galegos e coñeceu a música tradicional galega a través dos soldados destinados na súa localidade natal. Os seus primeiros estudos musicais tiveron lugar na Coruña, onde ingresou na banda do Rexemento Zamora, dirixida por José Braña. Tras abandonar o exército empregouse na Audiencia Territorial, combinando esta actividade coa reparación de instrumentos musicais amais de labores de investigación e composición. miniatura|Tumba no cemiterio de Santo Amaro da Coruña. A primeira formación que creou foi a rondalla Blanco y Negro. Posteriormente dirixiu a Coral El Eco e en 1916 fundou Cántigas da Terra, que dirixiu ata 1922. Ademais promoveu os coros Queixumes dos Pinos e Saudade. A maior parte das súas composicións inspiráronse na tradición popular galega, sobre a que investigou durante anos.

Foi académico correspondente da Real Academia Galega e numerario da Academia Galega de Belas Artes, mais faleceu antes de ler o discurso de ingreso nesta última.Mauricio Farto, un músico vallisoletano en Galicia

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía Mauricio Farto Parra Noticias en Presa sobre Mauricio Farto Parra Patrimonio Musical Galego

Categoría:Músicos de España Categoría:Nados en Santibáñez de Valcorba Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1947 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega