A rúa de Santo AndréA Coruña 1891-1895 ou de San AndrésIgrexa Castrense de Santo André é unha rúa da Coruña situada no barrio da PescaríaCultura Coruña.
Está situada entre a rúa Estreita de Santo André e a praza de Pontevedra e foi unha das principais vías de comunicación entre a Cidade Vella e as zonas novas de expansión da cidade.
Historia miniatura|esquerda|A rúa de Santo André na década de 1930. A rúa de Santo André recibe o seu nome do antigo Hospital de Santo André, propiedade do gremio de mareantes. O hospital, situado onde se atopa a igrexa de Santo André, tiña unha igrexa anexa, e ambos os edificios foron destruídos durante o asedio de Drake en 1589. O pórtico da igrexa foi instalado na muralla do Parrote, preto do Arquivo do Reino de Galicia.
A rúa aparece xa coa súa planta actual no plano de Juan Vergel de 1735. Porén, nesa época case non había edificacións e a rúa estaba máis próxima ao mar.
Entre 1840 e 1875 foi chamada rúa de Espoz y Mina e entre 1931 e 1936 rúa do Capitán García Hernández.
O 13 de outubro de 1900 foron asasinados no número 152 desta rúa un mozo de almacén e a súa esposa, crime que quedou sen resolver.El crimen de la calle San Andrés Crímenes que dejaron huella
Institucións e comercios A rúa, situada no centro da cidade, tivo un uso principalmente comercial.Uno de cada cinco locales de las principales calles comerciales está vacío Ademais foi sede de varias empresas e institucións, como a sede central da Caja de Ahorros y Monte de Piedad de La Coruña, que estivo situada nun edificio da rúa, demolido en 1969 para construír a actual oficina de Abanca. Tampouco existe o edificio no que se instalou en 1895 a Real Unión Recreativa e Instructiva del Circo de Artesanos, ao trasladarse da rúa de Juana de Vega.
No número 9 estaba o estudio fotográfico do pioneiro do cinema José Sellier, que dá nome a unha praza próxima, e no 113 segue a existir a primeira tenda de comestibles aberta na cidade pola familia San Martín, unha das tendas máis antigas da cidade.
No número 81 estivo ata 1963 o Hotel Europa, considerado un dos máis elegantes da cidade.
Arquitectura miniatura|Casas Formoso e Cés. Na rúa de Santo André consérvanse algúns edificios destacados: Nº 7, de Julio Galán Carvajal (1908) Nº 53, de Faustino Domínguez Domínguez (1883) Nº 61, de Juan de Ciórraga (1890) Nº 67, de Faustino Domínguez Domínguez (1881) Nº 69-71, de Antonio López Hernández (1912), edificio modernista con galerías. Nº 101, sede de Telefónica, de José María de la Vega Samper (1928-1930), construído no soar onde estivera a Real Fábrica de Mantelería de La Coruña. Nº 151, Casas Formoso e Cés, de Santiago Rey Pedreira e Pedro Mariño (1930-1932), racionalista.Do.Co.Mo.Mo. Ibérico Nº 155, de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1931) Nº 14-16, de Bouza y Tredis (1863) Nº 18, de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1917) A igrexa de Santo André, de Faustino Domínguez Coumes-Gay (1881-1884), templo neorrománico, construído por iniciativa de Eusebio da Guarda, enterrado aló coa súa dona Modesta Goicouría.Igrexa Castrense de Santo André Diante da igrexa hai un cruceiro.Cruceiro da rúa de San Andrés en Turgalicia Nº 38, de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1944) Nº 68, de Ricardo Boán Callejas (1914) Nº 84, de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés (1930) Nº 100, Casa Solla, de Ricardo Boán Callejas (1912-1914), edificio modernista. Nº 118, edificio La Llave, de Antonio López Hernández (1910-1911), modernista. Nº 120, de Julio Galán Carvajal (1908), coa fachada moi reformada. Nº 124, de Xosé Caridad Mateo (1935) Nº 140, de Juan de Ciórraga (1869) Nº 158-160, de Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (1930)
Na praza de Santa Catarina atópase unha fonte dedicada ao deus Neptuno, a máis antiga da cidade.Fonte de Neptuno en Turgalicia
Outras rúas miniatura|Praza de Santo André, coa Casa Cabanela e a fonte da Fama O nome de Santo André aparece noutras rúas próximas:
Boquete de Santo André Situada detrás da igrexa, nela atopáronse restos dun cemiterio.Confirman que parte de los restos hallados en San Andrés son humanos
Rúa Estreita de Santo André Foi chamada tamén Angosta de Santo André e Pozo. No número 11 existe un edificio de Faustino Domínguez Coumes-Gay (1885) e no número 2 situábase a Casa Palacio da Cooperativa Cívica Militar, do século XVIII.
Pórtico de Santo André Coñecida simplemente como rúa do Pórtico.
Praza de Santo André Coñecida anteriormente como praza da Fonte de Santo André e praza do Xeneral Mola."Hoxe mudamos as cores sinistras pola policromía coruñesa que representa Álvaro Cebreiro"
Pechando a praza está a Casa Cabanela, edificio de Julio Galán Carvajal (1910-1911), inspirado pola obra dos arquitectos austríacos Gangl e Stigler e do belga Paul Hankar.Una fotografía cargada de recuerdosEl edificio de Labase en San Andrés se quedará vacío No centro localízase a fonte da Fama ou do Anxo, deseñada por Fernando Domínguez Romay en 1791 e cunha estatua de Antonio Pernas que representa a deusa Fortuna. Orixinariamente estaba situada nunha praza na confluencia de Rego de Auga e a Mariña, de onde foi trasladada en 1882, e dá nome á rúa da Fama.Calle de la Fama, la cuna de la Fuente de San Andrés
Travesa de Santo André Coñecida tamén como Travesa do Patín.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Historia de la Zona Obelisco
La San Andrés que perdura en la memoria
Categoría:Rúas da Coruña