O río Chalumna (en inglés: Chalumna River; en xhosa: Tyolomnqa) é un río da provincia do Cabo Oriental, Suráfrica. De aproximadamente 78 km de lonxitude, fórmase pola confluencia de dous pequenos ríos, o Qugwala polo oeste, e o Mtyolo polo leste. Desemboca no océano Índico formando un estuario cerca de Kayser's Beach.

A súa zona de captura, de 441 km², é unha das concas hidrográficas máis pequenas da costa leste de Suráfica. A súa desembocadura etá a 45 km ao suroeste do estuario do río Buffalo, en East London.

A anguía de aletas longas africana (Anguilla mossambica) é común nas súas augas.Froese, R. & D. Pauly eds. (2015): FishBase.

Historia

Foi preto da desembocadura deste río cando, en 1938 o patrón de pesca Hendrik Goosen encontrou, entre as capturas de peixe, un moi estraño que lle entregou a Marjorie Courtenay-Latimer, do East London Museum. Máis adiante este peixe foi identificado como un celacanto, unha especie que se pensaba que estaba extinta desde moitos millóns de anos atrás e que, nese moneto, foi recoñecida no rexistro fósil. Despois do descubrimento, o nome do río Chalumna converteuse en parte do nome científico da especie, Latimeria chalumnae.Milestones - Coelacanth, Latimeria chalumnae Smith, 1939Romero, P. (2002): An etymological dictionary of taxonomy. Madrid, non publicado.

Historicamente o río Chalumna formaba a fronteira norte do antigo Ciskei, até o 27 de abril de 1994, en que todas as rexións políticas da era do Apartheid se reincorporaron a Suráfrica.

Notas

Véxase tamén Outros artigos

Latimeria chalumnae Marjorie Courtenay-Latimer

Categoría:Ríos de Suráfrica