miniatura|Fresco do século XII da catedral de Durham que representa a Santo Oswaldo (Oswlald de Bernicia). Oswald, nado c. 604 e finado o 5 de agosto de 642, foi un rei cristián de Northumbria no século VII, cando o territorio de Inglaterra estaba dividido en pequenos reinos rexidos por liñaxes de orixe xermánicaBeda dá o 642 como ano da morte de Oswald; porén, hai certa dúbida sobre se o que Beda consideraba ser o 642 é o mesmo que o que na actualidade sería considerado o 642..

Traxectoria Sobriño materno do tamén rei northumbrio Edwin, en 633 reunificou o reino de Northumbria, un ano despois de morrer o seu tío, e chegou a ser o monarca máis poderoso do seu tempo; o monxe Beda o Venerable incluíuno na súa lista de Reis Supremos da antiga Inglaterra, como práctico sucesor de Edwin.

Morreu na batalla de Maserfield contra o rei pagán Penda, o mesmo inimigo que eliminara a santo Edwin dez anos atrás. Como este, Oswald é tamén venerado como santo e como mártir, aínda que o seu culto, extraordinariamente popular, afogou ao do seu predecesorCatholic Encyclopedia: St Oswald.

Sucedeuno no trono o seu irmán Oswiu.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Reis de Northumbria Categoría:Finados en 642 Categoría:Bretwaldas