Bernardo Bermúdez Jambrina, coñecido como Bernardo Jambrina, nado en Donostia o 27 de febreiro de 1883 e finado en Avilés o 6 de marzo de 1918,Avilés, 1918: La trágica muerte del actor Jambrina (I)Avilés, 1918: la trágica muerte del actor Jambrina (y II) foi un actor e escritor galego.
Traxectoria Fillo do capitán Domingo Bermúdez Grille, naceu en Donostia, pero trasladouse coa familia a Coruña con pouco máis dun ano, onde se iniciou como actor. Participou na Escola Rexional de Declamación, da que foi director artístico até 1905. Nese ano declamou o monólogo La Huega, orixinal de Galo Salinas, nun teatro da Coruña. Despois pasou a formar parte da compañía de Enrique Borrás coa que fixo unha xira por América. Chegou a ser memorable en América. O 18 de outubro de 1908 foi homenaxeado pola colonia galega da Habana. Regresou a España en 1917.
Escribiu poemas en galego. Colaborou en Coruña Moderna, Eco de Galicia, Galicia. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. En 1913 publicou como folleto o poema "Renacimiento". Foi redactor do periódico La Lucha. Ramón Fernández Mato recolleu os seus versos e publicounos en Galicia en 1919.
Faleceu por mor dun accidente de tráfico nunha viaxe entre Avilés e Castrillón cando estaba facendo unha xira por Asturias, e soterrárono en Avilés.
Vida persoal Casou coa actriz Eloísa Muro.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1918 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Finados en accidente de tráfico