Aaron Hillel Swartz, nado en Highland Park (Illinois) o 8 de novembro de 1986, e finado en Brooklyn (Nova York) o 11 de xaneiro de 2013, foi un programador, emprendedor, escritor e activista estadounidense.

Traxectoria Estivo involucrado no desenvolvemento da fonte web formato RSS e no formato de publicación Markdown, na organización Creative Commons, na páxina web web.py, na fundación de Watchdog.net (2008) e na de Demand Progress (2010), e na páxina de novas Reddit, da cal era socio despois de que se fusionara coa súa compañía, Infogami.

Despois de poñer arquivos de JSTOR a disposición pública, arquivos obtidos a partir da rede do MIT cun ordenador portátil, foi acusado de trece delitos diferentes, iniciándose un xuízo que desencadeou o seu suicidio, consecuencia da acusación que a súa familia describiu como "o produto dun sistema de xustiza penal cheo de intimidación e extralimitación fiscal".

En resposta á súa morte, interpretada pola familia como un crime de estado, houbo actividade diversa, dende a liberación de traballos académicos coa etiqueta #PDFtribute en Twitter ó hackeo da páxina do MIT por Anonimous ou a creación da plataforma Aaron Swartz Memorial JSTOR Liberator polo grupo activista Archive Team.

Recoñecementos En xuño de 2013, Swartz foi incluído de xeito póstumo no Internet Hall of Fame.Press release from the Internet Hall of Fame.

Tamén de xeito póstumo, en xaneiro de 2014 estreouse en Sundance a película The Internet’s Own Boy: The Story of Aaron Swartz, dirixida por Brian Knappenberger, que rescata a súa historia e cuestiona o estado das liberdades civís nos EEUU.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Suicidios en 2013 Categoría:Programadores Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Illinois Categoría:Aforcados Categoría:Suicidas dos Estados Unidos de América