miniatura|Desfiladeiro dos Gaitanes. O desfiladeiro dos Gaitanes é un canón escavado polo río Guadalhorce na provincia de Málaga, en Andalucía, entre os termos municipais de Ardales, Antequera e Álora. Ten acceso desde o norte polos encoros do Guadalhorce, e desde o sur pola aldea de El Chorro. Nos tramos máis angostos, tan só ten 10 metros de anchura e alcanza máis de 400 metros de altura.
Historia A construción dunha canle de auga desde os encoros do norte ata El Chorro, para aproveitar aquí o desnivel nunha central hidroeléctrica, levou aparellado un camiño de mantemento da devandita canle, coñecido como Caminito del Rey porque a obra foi inaugurada polo rei Afonso XIII o 21 de maio de 1921. Este camiño de máis de 3 quilómetros de lonxitude ten unha parte vertixinosa, de barras de aceiro e plataformas de formigón cravadas na parede vertical e unha ponte sobre o mesmo desfiladeiro sobre a canle de auga. O camiño rehabilitado abriuse ao público o 28 de marzo de 2015.
Ata a chegada do AVE, o desfiladeiro era o único acceso ferroviario a Málaga capital desde o interior de España, cun largo túnel escavado na parede leste do desfiladeiro. Na actualidade existe outro túnel de 1 quilómetro, máis ao leste, baixo a serra de Huma, para o acceso ferroviario do AVE.
Cine A paraxe foi obxecto dalgunhas rodaxes cinematográficas: Escenas do drama histórico ambientado no século XVII "El puente de San Luis Rey" rodáronse no desfiladeiro dos Gaitanes no ano 2004.El puente de San Luis Rey Algunhas escenas da longametraxe "El coronel Von Ryan" foron rodadas no desfiladeiro dos Gaitanes en 1965.El Confidencial.com, Pez Espada: 50 anos do hotel que inaugurou a marca Costa del Sol , 26/8/2009Diario Sur.es, ¡Silencio!, ródase , 4/4/2010
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Descrición da ruta e track GPS en Wikiloc do Caminito del Rey Información da Xunta de Andalucía
Categoría:Áreas protexidas de Andalucía Gaitanes Categoría:Accidentes xeográficos de Andalucía Categoría:Álora