Gianni Infantino, nado en Brig-Glis o 23 de marzo de 1970, é un avogado suízo de ascendencia italiana vinculado administrativamente ao mundo do fútbol.
Traxectoria Entre 2009 e 2016 foi o secretario xeral da UEFA.
O 26 de outubro de 2015, recibiu o apoio do Comité executivo da UEFA á súa candidatura á Presidencia da FIFA no Congreso extraordinario da FIFA, celebrado en febreiro de 2016. Así, o 26 de febreiro de 2016 converteuse, por votación (cun 55 % dos sufraxios), en presidente da FIFA; o seu rival foi salmán Al-Khalifa.
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografía en UEFA.com.
Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados no cantón de Valais Categoría:Dirixentes de fútbol