A Terraza é un edificio situado nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña.
Historia En 1919 decidiuse ampliar o quiosco de madeira situado no lugar da Terraza. Con este motivo, Manuel Fernández Cando adquiriu a concesión. O proxecto inicial foi de Antonio de Mesa, modificado polo director de obras, Pedro Mariño.
O 21 de xaneiro de 1920 o concello devolveu os planos tras decidir que era preferible a construción dun edificio novo en lugar de reformar o xa existente, que foi trasladado a Sada o ano seguinte. O novo proxecto de Antonio de Mesa foi aprobado finalmente e a obra realizouse entre 1921 e 1922. A inauguración tivo lugar o 30 de xuño de 1922, cun concerto dun sexteto dirixido polo violinista Corvino.
Descrición O edificio é de estilo ecléctico, realizado en cemento armado. Consta dun cadrado central con dúas ás. A ornamentación é abundante e o edificio está coroado con torres.A Terraza en Turgalicia.
Uso Durante o franquismo o edificio foi sede dos estudios de Radio Nacional (ata 1943) e sede da delegación sindical de FET-JONS.
Dende 1985 no edificio está a delegación de RTVE. En 2022 foi escollida como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Arquitectura civil na Coruña