Catalunya Sí que es Pot (CSQP, en galego: Cataluña Sí que se Pode) foi unha coalición de esquerdas integrada por Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Podem e Equo. Formouse en xullo de 2015 a imaxe da fórmula de Barcelona en Comú para a cidade de Barcelona, co obxectivo de presentarse ás eleccións ao Parlamento de Cataluña 2015.
A coalición conseguiu 11 deputados no Parlamento de Cataluña, dos que 4 son militantes de Iniciativa, 4 de Podem, 1 d'Esquerra Unida e 2 independentes.
O seu cabeza de lista por Barcelona foi Lluís Rabell, presidente d_ Federación de Asociacións de Veciños de Barcelona, e a escritora Gemma Lienas como número dous. Os seguintes postos foron ocupados por Joan Coscubiela (ICV), Àngels Martínez Castells (Podem) e Albano Dante Fachin (Podem). Nas outras provincias, Girona foi encabezada por Marc Vidal (ICV), Lleida por Sara Vilà (ICV) e Tarragona por Gerard Bargalló (Podem).
Notas
Véxase tamén En Comú Podem
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Forzas políticas de Cataluña Categoría:Podemos Categoría:Coalicións electorais de España