The Psychedelic Furs é unha banda inglesa de post-punk fundada no ano 1977. Liderada polo vocalista Richard Butler e o seu irmán Tim Butler no baixo, The Psychedelic Furs é un dos moitos grupos saídos da escena británica do post-punk. A súa música pasou a través de distintas fases, dun austero art rock inicial a tocar posteriormrnte o new wave e o hard rock.
A banda conseguiu varios éxitos nos seus primeiros anos de carreira, pero gañaron a atención internacional en 1986 cando o cineasta John Hughes usou a súa canción "Pretty in Pink" para a súa película co mesmo nome.
The Psychedelic Furs entraron en hiato en 1991, e os irmáns Butler formaron unha nova banda chamada Love Spit Love. The Psychedelic Furs reagruparíase en 2001 e no presente continúa actuando por todo o mundo.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo The Psychedelic Furs 1980 Columbia Records Talk Talk Talk 1981 CBS Records Forever Now 1982 CBS Records Mirror Moves 1984 Columbia Records Midnight to Midnight 1987 Columbia Records Book of Days 1989 Columbia Records World Outside 1991 Columbia Records Made of Rain 2020 Cooking Vinyl
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais de post-punk Categoría:Grupos musicais de new wave Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1977 Categoría:Artistas de Columbia Records