O Galligants é un pequeno río da cidade de Xirona, en Cataluña. Nace nas Gavarres e entra na chaira de Xirona a través do val de Sant Daniel, onde se une ao río Onyar e este á súa vez no río Ter poucos metros despois. O tramo urbano do río sitúase entre os burgos medievais de Sant Feliu e Sant Pere.
En 1843 o Galligants causou unha das peores inundacións da historia da cidade, afectando aos barrios de Sant Pere e La Barca, onde morreron un centenar de persoas da clase obreira.
Categoría:Ríos de Cataluña Categoría:Afluentes do Ter