Polanco é un concello de Cantabria, en España, pertencente á comarca do Besaya. En 2015 tiña 5705 habitantes.
Limita ao norte co municipio de Miengo, ao oeste con Santillana del Mar e Suances, ao sur con Torrelavega e ao leste con Piélagos.
Está formado polas localidades de Barrio Obrero, Mar, Polanco, Posadillo, Requejada, Rinconeda, Rumoroso e Soña.
Demografía
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello
Categoría:Polanco