Plasma Diagnostic Package, tamén denominado PDPD polo seu acrónimo, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 29 de xullo de 1985 mediante o transbordador espacial Challenger desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral, en Florida.
Características PDP foi un satélite artificial despregado polo brazo robótico do transbordador espacial Challenger durante a misión STS 51F e recuperado seis horas máis tarde. PDP podía funcionar tanto en voo libre como conectado ao transbordador servindo como un instrumento máis, con identificador 85-063A-03.
A misión de PDP consistiu en facer distintas medicións sobre o contorno de plasma arredor da Terra.
PDP regresou á Terra co transbordador espacial o 6 de agosto de 1985.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Transbordador espacial Challenger
Categoría:Satélites artificiais