San Pedro de Campañó é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1892 habitantes (919 homes e 973 mulleres), 132 menos ca en 1999. Ten 31 entidades de poboación.

Sitúase ao pé do monte Castrove, a tres quilómetros da cidade de Pontevedra. Por ela pasa o río Rons e a estrada PO-531.

Patrimonio É unha parroquia rica en restos arqueolóxicos, tras o achado de petróglifos e cerámicas. Nela hai un poboado castrexo, o castro de Campañó. Moitos cruceiros espállanse polo seu territorio, a meirande parte situados no antigo sitio de Bartram, durante o século XVI. A comezos do século XVII certas terras da parroquia foron aforadas polo arcebispo de Compostela, Maximiliano de Austria.

O templo é de orixe románica, pero reformouse no século XVIII. No interior presenta variada decoración e un gran retablo coa figura de San Pedro ao fondo; hai unha imaxe da Virxe do gótico do século XIV. dereita|miniatura|Campo de Agüeiros.

Na parroquia está o CEIP Parada, cuns 100 alumnos e alumnas, e o colexio privado Los Sauces. Ten diversas industrias, e na parroquia está o polígono industrial do Vao, lindeiro co concello de Poio. O campo de fútbol de Agüeiro acolle os partidos do equipo Campañó SD (camiseta dourada, pantalón negro e medias negras), que na tempada 2022-23 xogaba en 2ª Rexional.

Festividades Ao comezo do verán celébranse as festividades de San Pedro (29 de xuño) e de San Paio (30 de xuño). A Virxe das Dores celébrase os días 17 e 18 de setembro. O 12 de outubro, polo día do Pilar, tamén hai festa na parroquia, sendo a única que se celebra no lugar de Sabarís.

Lugares e parroquias Lugares de Campañó

Parroquias de Pontevedra

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pontevedra

Categoría:Parroquias de Pontevedra Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro